Once grupos gravan os seus primeiros discos co programa Outra + Outra

Ábrese a convocatoria para a nova edición, que benficiará a nove conxuntos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Once grupos da coruña recibían onte mil copias de cadanseu debut discográfico no marco do programa Outra+Outra. A VII edición deste proxecto, coordinado pola Fundación Paideia, o Estudio Mans e mais a Deputación da Coruña, beneficiou desta volta ás Cantareiras Algarabía + Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro, ao Coro e Grupo Celta de Ortigueira, a Zoar Ensemble, Pablo Galdo, El Arrabal, Escola Banda de Música de Ortigueira, Banda de Música de Teo, Dúo DeContrabando, Quinteto Cimarrón e Honreiras.

A coincidir con esta entrega presentouse a oitava edición do programa, que está aberto á participación de grupos da provincia da Coruña, que estean integrados na Rede Cultural da Deputación e que teñan interese de gravar o seu primeiro álbum.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ortigueira, Álvaro Cunqueiro, Celta, Fundación Paideia...