As gaitas soarán en Madrid e no Courel e o coro Albae Sonus amenizou Ferrol

Coros e gaitas

Galicia sona a gaitas durante os próximos días. En primeiro lugar porque a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense inicia a súa xira por terras asiáticas, e á súa volta, o próximo 27 de maio presentarán o seu traballo no Palacio Real de Madrid. Polo demais, a Escola de Gaitas do Courel iniciará este domingo unha serie de homenaxes populares de recoñecemento ás "cantareiras", que mantiveron vivas ás músicas populares. E por outra banda, o coro Albae Sonus uníu este domingo música sacra europea coa afroamericana no Ferrol.

Gaitas de Ourense



A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense continúa coa xira do seu últimos disco compacto,"Festa Celta". Logo da súa presentación en Madrid, no Centro Gallego coa presencia do ex-ministro de Sanidade, Romay Beccaría, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rogelio Martínez e o gaiteiro Hevia. Na axenda máis próxima está a súa xira por terras asitáticas, e, á súa volta, alá por mediados de maio, teñen unha cita no Palacio Real o día 27.












Cantareiras




Co interese de homenaxear ás figuras das xentes que mantiveron vivas as músicas populares da serra do Courel gracias á súa memoria privilexiada, a Escola de Gaitas do Courel iniciará este domingo unha serie de homenaxes. E a primeira homenaxeada é Elvira Touzón Quiroga, de 93 anos de idade, quen ten unha serie de canteares, que normalmente se escoitaban cando a xente ía xogando; ademais Elvira tamén ten unha extensa colección de poemas.




Albae Sonus



E a mestizaxe foi a tónica protagonista nun concerto que fixo esquecer que este ano Ferrol non gozará da celebración da "Cidade de Ferrol". O coro interpretou na concatedral de San Julián a súa maestría no arte vocal cun programa en dúas partes nos que mesturaba a tradición da música sacra europea coa afroamericana. Así o Ave María de Rachamaninov, con Tchaiskovsky e Mozartk con temas espirituais da tradición afroamericana do século XX, no que non faltaron cancións de Hermann Platzer ou Hall Johnson con "Ain´t got time to die".