O vindeiro ano a feira do Libro de Bos Aires, unha das citas de referencia do sector cun promedio de 1.200.000 visitantes anuais, inaugura un novo formato: o programa de cidades convidadas. Amsterdam será a cidade encargada de abrir o proxecto que xa ten postos os ollos en 2015. A presidenta da Comisión de Actividades Culturais da feira, a viguesa Nelly Espiño, está estes dÃas “iniciando un diálogo coas autoridades galegas, tanto da Xunta como do concello, para formalizar o convite de Santiago de Compostela”. Espiño explica que foi o consello editorial da Fundación El Libro, entidade civil que organiza o encontro, quen decidiu que fora Santiago a cidade elixida para 2015 polo “foco cultural que supón de Galicia e Europa”.
De momento só existe unha primeira toma de contacto tanto coa ConsellarÃa de Educación e Cultura como co Concello de Santiago con resultados que a directora cultural considera “moi satisfactorios”. O seguinte paso será a visita da directora da Feira, Gabriela Damo, que concretará a proposta de actividades culturais. O editor e escritor VÃctor Freixanes será o mediador galego deste encontro e valora a oportunidade como “unha lanzadeira da cultura galega no mundo”.