Sete poetas doutras tantas comunidades lingüÃsticas encontraranse na Illa de San Simón para celebrar un obradoiro internacional de tradución poética. Baixo o tÃtulo Con barqueiro e remador, Yolanda Castaño coordina este evento, que organiza a ConsellarÃa de Cultura e que se celebrará entre o 29 de outubro e o 3 de novembro. No programa, canda a ela, está prevista a presenza de Brane Mozetič(esloveno), Margrét Lóa Jónsdóttir (islandés), Txema MartÃnez (catalán), Marko Pogačar (croata), Sergej Timofejev (ruso) e Merja Virolainen (finés).
No encontro verteranse ata sete páxinas de textos de cada un destes autores ás linguas de todos os demais, nun proceso interactivo que incluirá debates, diálogos, lecturas en voz alta. Dous recitais, unha mesa redonda sobre Que significa ser poeta en cada un dos lugares e un roteiro literario por Vigo completan o programa deste evento.