O lucense José de Cora estrea en Miami unha crítica sobre a burocracia

O bicéfalo é unha obra sátira de microteatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cúmprense corenta anos desde que José de Cora (Lugo, 1951) fixera a súa última incursión teatral con Os fillos de Olot, por iso a obra que esta noite se estrea no Kouberk Center de Miami ten un valor engadido. Segundo explica hoxe El Progreso, a empresa Microteatro por Dinero encargoulle a de Cora unha peza de carácter breve. O resultado é O bicéfalo, unha sátira da burocracia administrativa personalizada nun personaxe con dúas cabezas que necesita papeis e ten que enfrontarse á maquinaria administrativa xa que nunca fora rexistrado. A obra estará en cartel un mes.

Nour da Silva é o responsable da posta en escena e Sergio Doré J. encarna ao funcionario, mentres que Alexander Otaola fará as veces de bicéfalo. A obra está escrita en castelán e pensada para o público hispano de Miami, aínda que non se descarta en que se presente no escenario que Microteatro por Dinero ten en Madrid.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Lugo, Madrid

Claves

Entidades
Lugares