Destino: Amsterdam

Unha obra de microteatro afonda nas repercusións das drogas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Destino: Amsterdam

Unha comedia xuvenil escrita, dirixida e protagonizada por un grupo teatral que ronda os trinta anos. Unha historia sobre as drogas e os seus efectos contadas en menos de quince minutos e en tres pases diarios. Rubén Riós, un dos actores protagonistas de Amsterdam, conta a particularidade dun formato novo, o do microteatro.

"Nunha obra de teatro normal tes toda a obra para ir construíndo a personaxe e ir medrando con ela, aquí só tes doce minutos ; e logo outros cinco para te recuperar para volver a empezar”. Estas son, en palabras de Rubén Riós, o principal reto que ten un actor de microteatro. Un xénero que a sala La Tuerka 27 acaba de poñer de moda este verán con catros salas, cinco pases diarios unha media de cen espectadores por día
Este formato, para Riós “pon o acento no actor, que estás en contacto directo co público e estás moi presente e te que traballar moito máis”. Unha ambientación sonora e musical sinxela que converte este microformato nunha fórmula a ter en conta para o futuro.

Este microproxecto
“Este proxecto parte de Estívaliz Veiga e da Compañía Leda, unha cooperativa teatral onde todos facemos de todo e colaboramos en todo” explica Riós deste proxecto que conta “o bucle no que te meten as drogas e a reacciónda xente unha vez que está metido niso”. Escrita por Jacobo Paz.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Historias de neveiras

Historias de neveiras

Tía Mardalina e Mundo Villalustre poñen en escena unha comedia negra sobre a soidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Rubén Riós, Comedia, Xénero...

Claves

Protagonistas
Entidades