As estradas, é sabido, teñen a función de servir como conexión entre dous puntos do territorio. Polo tanto, o máis común e transitar por elas, se acaso facer algunha parada técnica ou ollar a paisaxe segundo se pasa. Fronte a isto, dous proxectos que se xestaron en paralelo no noso país propoñen parar no medio da estrada. O estudo N-550, Da estrada á rúa e mais o documental N-VI propóñennos repensar uns espazos que fan parte do noso cotián.
Neste 2012 vimos a presentación de dous proxectos culturais independentes que teñen como eixe as estradas. A partir da arquitectura e a organización do territorio, temos N-550, Da estrada á rúa, un estudo multidisciplinar que colle a vía entre A Coruña e Tui como centro de atención. Desde unha perspectiva máis centrada na vida á beira dunha estrada que fica no abandono, Pela del Álamo retrata en N-VI a situación dun espazo que fica relegado fronte ás novas autovías. Distintas visións sobre lugares de paso.
A Nacional galega
Segundo explica o arquitecto Xulio Turnes, promotor canda a Noemí Díaz e a Ramón Viéitez de N-550 A estrada é como a columna vertebral da cidade difusa galega. Con este temo refírense ao conxunto urbano que ocupa o Eixe Atlántico en Galicia e o Norte de Portugal. Mediante unha inxente documentación que inclúe fotografías, planos, debuxos e mesmo testemuños orais o equipo, con diferentes colaboradores, está a analizar a realidade desta vía. Este verán saían á venda os dous primeiros volumes do proxecto, dedicados á introdución e máis ás vivendas illadas. A estes seguirán outros centrados en espazos característicos deste eixe: polígonos industriais, cidades medias, núcleos rurais e urbanizacións. Os libros, para alén de imaxes e análises dos autores e de diferentes colaboradores, achegan contidos expandidos. Unha serie de ligazóns a páxinas onde se complementamos os episodios. O proxecto inclúe tamén un mapa colaborativo onde a xente pode subir as súas imaxes sobre esta estrada.
Ollada horizontal
Unha diferenza deste proxecto con outras análises do territorio é que parte dunha perspectiva horizontal. Había diversos libros sobre esta cidade pero cunha visión afastada e urbanística, case como fotografías aéreas e empregando termos abstractos. A nosa intención era responder á pregunta de qué cara e qué forma ten esa cidade, lembra Turnes. Para isto, había que baixar a falar coa xente e percorrer a estrada a un ritmo máis lento do que en trens ou autoestradas. Os investigadores recoñecen que levaron certas sorpresas ao pasar do plano á realidade da vía. Cando falas coa xente levas sorpresas e a pequena escala ves cousas que poden semellar estrañísimas como que se edifique unha nave de carpintaría encostada a unha igrexa e que iso funcione e á xente non lle semelle problemático. Este urbanismo popular que se xerou en Galicia funciona, por moi raro que nos pareza aos técnicos. Ten as súas propias leis de elaboración e de uso, e estamos a descubrilas con este traballo, vendo a forma que ten esta cidade, explica Turnes.
A vivencia da N-VI
A visión coa que Pela del Álamo se achegou á estrada, aínda que tamén horizontal, xorde dunha vivencia máis persoal. A N-VI é a estrada da miña infancia. Eu nacín en Madrid e cheguei a Galicia con catro anos, non tiña aldea nin vínculos específicos aquí nin alí e botei a infancia movéndome pola estrada. A consciencia dunha mudanza no xeito de viaxar está detrás do interese do director por documentar este espazo. A facer outro traballo, localizando viadutos na autovía A-6 na altura de Pedrafita, decateime de que aló embaixo seguía a estar a Nacional, totalmente integrada na paisaxe. Tomei consciencia de que mudara o xeito de nos mover, de que as autoestradas nos separan da paisaxe que atravesamos. E entón pensei en qué sería deses lugares intermedios polos que ninguén viaxaba.
E así comezou o proxecto N-VI, un documental que se centra nas vidas da xente que viven ao carón da vella estrada. Ao comezo o filme tiña un compoñente máis autobiográfico, e eu ía contrapoñendo o que vía no presente co pasado e buscaba pegadas daquel tempo. Pero dinme conta que a miña conexión era co total da estrada, non con lugares concretos. Entón busquei centrarme nos propios personaxes que viven alí, e vin a forza dese retrato colectivo de persoas que quedaron en certo xeito fóra do devir das cousas, explica Del Álamo. O que teñen todos en común é habitar un espazo de tránsito que xa non se transita. Cada un asimilouno dun xeito distinto, son personaxes sos, que viven esparexidos ao longo da estrada. Hai soidade e xente maior, xubilados que habitan unha estrada xubilada. Para o director quen vive onda a estrada está afeito a ver xente de paso e en xeral ten unha mente algo máis aberta. É un estado de ánimo diferente, como cando un vai de viaxe, e de aí xorde unha poética moi particular, sinala.
Novos xeitos de vivir a vía
Tamén no caso galego, a N-550 marcou en boa media a configuración do país. Ao longo destes anos mudou o xeito no que se vive ao carón da vía. Antes facíanse as casas moi pegadas á estrada. Agora, para evitar ruídos, pero tamén por temas legais, as casas afástanse uns trinta metros, inclúen xardín e teñen xa integrado o espazo para o coche, lembra o investigador. Estas mudanzas están vencelladas tamén ao relativo abandono que sofren moitas vivendas antigas. En Galicia en xeral optouse polo abandono das construcións tradicionais, ás veces por unha idea de progreso mal entendido, a prol do formigón e do tixolo. Fronte ao abandono, xorde tamén un novo xeito de convivir coa estrada, na que esta se transforma nunha vía urbana. En lugares como Padrón, Caldas, Pontevedra ou Ordes, a nivel normativo a vía xa depende dos Concellos e non do Ministerio de Fomento, de xeito que é unha auténtica rúa. A creación de circunvalacións que desvían o tráfico do centro das vilas inflúe en grande medida neste proceso. Nestes e noutros lugares muda a concepción da N-550 fanse demandas que teñen máis que ver con rúas do que con estradas, como a solicitude de pasos para peóns ou o feche da estrada para organizar un mercado.
No seu traballo, os investigadores de N-550 verificaron que a presenza de elementos a miúdo deostados nos foros arquitectónicos como son as casas sen rematar, as naves industriais ou a organización do territorio. Nese sentido, recoñecen que non se verifican moitas diferenzas no territorio galego que percorre a N-550. A nivel estético, a estrada é mais homoxénea do que agardabamos. Hai unha certa homoxeneidade, aínda que entre Padrón e Tui poida que se verifique máis o fenómeno da cidade dispersa mentres para o Norte o poboamento estea máis concentrado. Logo no Sur tamén se ve algo máis de granito nas construcións, pero en xeral hai máis semellanzas do que diferenzas, sinala este arquitecto.
Futuro e abandono
Polo momento, o equipo de N-550 considera que non hai risco de que a estrada desapareza, senón que o máis probable é que mude o seu uso e o xeito no que a poboación se relaciona con ela. Se no futuro todo segue así e o Eixo Atlántico continúa a acaparar a poboación e o crecemento, pensamos que medrará esa sensación de rúa, explica Turnes. O que desbota polo momento é que a N-550 fique abandonada fronte a autoestrada A-9, que segue o mesmo percorrido. É complementaria. Para nós a A-9 é unha circunvalación da nacional, que queda para quen quere facer o traxecto máis o modo. De feito, desde que se construíu a autoestrada medrou o volume de vehículos na N-550. No seu caso, Pela si que recoñece un abandono da vía. Aos poucos irase facendo outra cousa. Nalgúns lugares fíxose unha vía urbana. Noutros, como Pedrafita ou Veiga de Valcarce desapareceu comesta pola vexetación. En xeral ha quedar como vía rural para os pobos, unicamente en lugares como Betanzos ou Coruña seguirá vivo, ou no contorno de Madrid, onde os camioneiros a empregan para evitar peaxes. No entanto, apunta que o seu traballo non é un retrato nostálxico, senón que tenta ver como esta xente dialoga co paso do tempo. Cada un ten un xeito distinto, e algúns mesmo o encaran con optimismo, asegura. Non pretendo reivindicar a viaxe por estrada, é normal que desaparezan, como no seu día desapareceron as calzadas romanas, e mesmo apunta que foi bonito ver que nesa decadencia e abandono xorde unha nova vida, xa sexa na vexetación que conquista o asfalto ou nos novos usos que se lle dan á estrada.
Recepción
O proxecto N-VI foi xa recoñecido no Festival de Málaga cunha mención do xurado e co premio do público no festival Alcances, de Cádiz, e está recibir críticas moi positivas. A recepción está a ser moi boa a nivel estatal. Agora estamos a tentar levala por festivais internacionais, pero é complicado porque non temos detrás unha distribuidora ou un produtor potentes, recoñece o director. De entre o público apunta o caso dunha familia retratada no propio filme. Era unha familia que vive en Noceda, baixo o que hoxe é un viaduto. Para eles a construción da autovía foi algo traumático, pero ao tempo tamén estaban a prol dela. Gustoullles moito o filme, viron retratada desde fóra unha mudanza da súa vía e atopáronlle un sentido moi interesante.
As olladas de estradas
Á hora de falar sobre a coincidencia dos dous proxectos encol das estradas, Turnes apunta que non sei se resulta casualidade ou non, Penso que resulta fundamental ollar esa rede de estradas nacionais, que ao final son as que unen os diferentes asentamentos poboacionais e que foi a base para a expansión do país no último século. É arredor delas onde está a maioría da poboación do país. En Estados Unidos existe unha mitoloxía arredor da ruta 66 e aquí penso que temos que voltar a ollada cara a elas. De xeito semellante, Del Álamo reivindica a presenza das estradas na nosa sociedade. Penso que quen máis, quen menos, ten unha estrada na súa vida. Quizais as nacionais son un lugar común no imaxinario colectivo, cando menos en España. Todo o mundo ía á aldea, á casa da avoa ou a veranear. Os dous proxectos iniciaban recentemente unha serie de presentacións conxuntas e continúan en contacto con vistas a optimizar as sinerxías entre eles. Penso que N-550 achega unha visión máis teórica que se complementa moi ben coa perspectiva máis humana de N-VI, amosa a base teórica na que se desenvolven estas historias, explica Pela. De cara ao futuro, mentres o equipo do primeiro proxecto prevé continuar co seu traballo, Pela adianta o seu interese por continuar a abordar as vías de comunicación. Agora mesmo interésame o cinema, máis adiante pode ser a literatura ou outra vía, pero interésame a viaxe como punto de partida e xeito de me relacionar co público. Penso que seguirá habendo estradas no meu traballo, recoñece.
A nosa galería sobre N-VI e N-550.Neste 2012 vimos a presentación de dous proxectos culturais independentes que teñen como eixe as estradas. A partir da arquitectura e a organización do territorio, temos N-550, Da estrada á rúa, un estudo multidisciplinar que colle a vía entre A Coruña e Tui como centro de atención. Desde unha perspectiva máis centrada na vida á beira dunha estrada que fica no abandono, Pela del Álamo retrata en N-VI a situación dun espazo que fica relegado fronte ás novas autovías. Distintas visións sobre lugares de paso.