Por cuarta ocasión, AgustÃn Fernández Paz está nominado ao premio internacional Astrid Lindgren, que recoñece o traballo no campo da Literatura Infantil e Xuvenil. O autor galego xa fora nominado en 2008, 2009 e 2010, e compite con outros 206 candidatos, escritores e ilustradores de 67 paÃses. A candidatura de Fernández Paz coincide co nomeamento como socio de honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix), que se efectuará nun acto o vindeiro 18 de outubro, en Vigo.