Esta fin de semana morreu en Cruces Paco Lareo (Piloño, Vila de Cruces, 1938), un dos referentes actuais de dinamización do contorno rural. Malia a súa faceta de creador como escultor e pintor, destaca o seu proxecto cultural que desenvolveu na Solaina, unha das casas que posuía na súa localidade natal. Unha iniciativa que leva tres décadas de traballo promovendo encontros de artistas e escritores de eido internacional nun espazo rural, moi apegado á natureza. Lareo presidiu a fundación a Solaina (en proceso de reconverterse en Fundacion Paco Lareo) que promove a actividade deste espazo ata 2011, cando deixou o cargo na súa irmá tras serlle diagnosticado parkinson.