A X Edición do Premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil foi para Ángela Fernández Rey pola obra Por que está triste o Miañas?. O texto, segundo o xurado, conta cun "áxil ritmo narrativo" e "transmite o sentido do compañerismo, a amizade e a solidaridade entre os nenos". A autora recibirá 1.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada coas ilustracións do traballo gañador do certame de ilustración que se abre agora e que ten aberta a participación ata o vindeiro 20 de decembro.