Hai xa dez anos abrÃa as súas portas a editorial Trifolium. Centrada nun primeiro momento en publicacións de carácter local, o proxecto foi ampliando o seu catálgo cunha especial atención ao ensaio. Agora celebra o seu aniversario coa edición de dúas obras de Antonio Gamoneda, que ven a luz en galego antes do que en calquera outra lingua.
En 2002 abrÃa a súas portas en Oleiros a editorial Trifolium. A serie inaugural, Cadernos de Estudos Oleirenses apuntaba a unha empresa centrada en grande medida na historiografÃa local. Desde aquela, o proxecto foi medrando ata dar dunha as apostas do panorama editorial galego máis comprometida do xénero ensaÃstico e que ten publicado obras de pensadores internacionais de primeira liña. Un total de sesenta tÃtulos amosan o esforzo por divulgar o pensamento e a creación no noso paÃs.
O local e as viaxes
Segundo explica Xan Arias, fundador e cabeza do proxecto, “habitualmente cando nace unha editora dise que quere cubrir un oco no panorama galego. Trifolium non naceu asÃ, pensamos que o panorama estaba e está perfectamente cuberto, á altura de calquera do noso contorno”. Cando botou a andar, a iniciativa tiña un carácter esencialmente local. “Sempre me gustou a historia local, e o primeiro que saÃu foi a colección Cadernos de estudos oleirenses, centrados no pasado e na riqueza que atesoura este concello desde todos os puntos de vista”. Desde aquel
Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936) , a serie atesoura 12 tÃtulos. O proxecto continuou con Fume de leña, unha iniciativa centrada na literatura de viaxe por Galicia. “Aà hai libros como o de Federica Montseny por Galicia, penso que é unha fonte moi valiosa de datos e recolle información que escapa dos grandes acontecementos”. Na colección Contextos, iniciada en 2006 e centrada tamén no ensaio histórico e literario, inclúese o que para Arias é “o buque insignia da editorial”, as memorias da actriz MarÃa Casares. A serie recolle ademais documentos como as cartas a Emilio González López, que reúne correspondencia dalgúns dos persoeiros máis destacados da Galicia do século XX, ou ensaios de Ramón Gómez de la Serna sobre Valle-Inclán, Pardo Bazán ou Maruja Mallo, entre outros textos.
Ensaio para o peto
Canda a esta, outra grande proposta editorial foi a colección Musa Pedestris, centrada na publicación de ensaios de pensadores de renome internacional en pequeno formato. “A idea era tirar libros serios pero accesibles, que poden interesar ao lector non especializado, pequenos e cun deseño moi coidado. A idea era facer ese libro de peto que se pode levar e ler en calquera sitio”. Malia ao curioso da proposta, Arias considera que funcionou axeitadamente. “Estou realmente contento da repercusión que obtivo”. Textos de Aranguren, Bertrand Russell, Noam Chomsky, Michel Foucault, Paul Lafarge, Marcel Proust, José Luis Sampedro, Robert L. Stevenson, ou Federico Mayor Zaragoza amosan a vocación da serie pola calidade.
Estreas mundiais
É dentro desta colección que, a coindicir con este aniversario ven a luz dous ensaios inéditos de Antonio Gamoneda, recoñecido poeta que obtivo o premio Cervantes e mais o RaÃña SofÃa entre outros recoñecementos, e que saen en galego en primicia mundial. A explicación da presenza dun nome tan coñecido nas filas editora explÃcase, pero só en parte, polo contacto persoal entre o editor e o autor. Segundo explica Arias “Eu ofertáralle a editora para facer algo, na miña inxenuidade. Pero foi el o que ofertou os dous textos para que saisen en galego antes do que en calquera outra lingua, e sinalou que querÃa publicar estes textos en Musa Pedestris”. En concreto, Estética e temporalización do Camiño Xacobeo, primeiro dos textos deste autor, xa publicado pola editora, centrasen un tema tan vencellado a Galicia como é o Camiño de Santiago. Neste breve ensaio, Gamoneda reflexiona a partir de elementos históricos e estéticos e apunta a idea de que a ruta xa era amplamente empregada desde o século VIII, adiantando uns 300 anos a súa orixe.
A ficción e os nenos
Non foi ata 2010 que o proxectou comezou a dar cabida á narrativa de ficción. Segundo explica esta tardanza para abordar un xénero que é maioritario no panorama editorial, Arias apunta que “eu deseñei e nomeei todas as coleccións, e tentan dar cabida a libros que me gustan. No caso da narrativa, sufrÃn unha certa presión de autores me enviaban cousas que querÃan publicar en Trifolium. AÃnda que nun comezo deixei o xénero aparte e non pensaba dedicarlle un espazo na editora, finalmente cedÃn e a verdade é que estou moi satisfeito dela”. A aposta pola ficción continuou cunha primeira tentativa no álbum ilustrado este mesmo ano coa edición de Lilus Kikus de Elena Poniatowska este mesmo ano.
Pequeno tamaño
Malia a amosar que a editora está disposto a seguir medrando logo dunha década e en plena crise, Arias ponse tamén lÃmites. “Non entrarei na poesÃa. Recibimos tamén propostas pero remÃtollas a editoras consolidadas no campo como son Espiral Maior e Positivas. Tampouco me meterei co teatro. Esta é unha editora pequena e quere seguir sendo pequena”. O tamaño, obviamente, dificulta a rendibilidade económica da iniciativa. A ese respecto o seu director recoñece a importancia do voluntarismo á hora de manter un proxecto como este durante unha década. “Mantense vivo con moita ilusión. Sempre digo que o campo da edición é un campo de liberdade, e nese sentido o capital da editora é a liberdade e á idependencia. Trifolium non naceu para sacar cartos, e a maior parte dos beneficios van para publicar o seguinte libro”, admite. Malia a recoñecer as dificultades polas que atravesa o sector, Arias non dubida en animar a quen estea interesado en montar unha editorial. “É un mundo fascinante, sempre que non se teñan aspiracións de gañar cartos”, advirte.
De xeito inmediato a intención en Trifolium é publicar o vindeiro tÃtulo de Gamoneda, Fonación, palabra e escritura, pensamento poético, que verá a luz este mesmo outono. “Na colección Litterae temos algunha cousa moi interesante. Imos contar con outro inédito dun grande escritor que habitualmente publica en castelán e que tamén tirará a súa vindeira novela en galego primeiro”.