Fundouse en 2002, cando o sector audiovisual acababa de recibir a etiqueta de estratéxico, co obxectivo de visibilizar os filmes, documentais, curtas e produtos de todo tipo. Dez anos despois, cunha crise desbordante, a Academia Galega do Audiovisual mantense co reto de representar pór en valor os traballos feitos no paÃs. Premios, xornadas e de interlocución entre sector e administración son algúns dos papeis que terá que desenvolver.
A organización dos Premios Mestre Mateo, os grandes galardóns para recoñecer o sector audiovisual do paÃs, é a actividade máis visible da Academia Galega do Audiovisual. No fondo, o seu actual presidente, Antonio Mourelos, recoñece que consume boa parte dos recursos dos que dispón a Academia. As cifras demóstrano, o orzamento anual da Academia ronda os 153.000 euros, e só a gala supuxo 78.000 euros.
un traballo de visibilización
Miguelanxo Fernández, vencellado á entidade nos seus orixes, lembra que “xurdiu coa idea era de visualizar o sector e a actividade dos Premios Mestre Mateo e a súa semana para dar a coñecer o traballo cumpre perfectamente co seu cometido”. Nisto coinciden tanto o seu actual presidente, Antonio Mourelos, como Pepe Coira, vencellado á entidade tanto no presente como en anteriores etapas. “O principal papel da academia é o de visibilización, que sexa a imaxe de todo o audiovisual e ensinar o que facemos, para que o coñeza o conxunto da cidadanÃa” afirma Mourelos.
Alén dos Mestre Mateo, a Academia desenvolve outras dúas actividades destacadas. Dunha banda está, o Foro Academia Aberta que ao longo destes anos tiveron orientacións diferentes, dependendo do contexto que lle tocou vivir en cada momento. En decembro de 2009, mentres en Madrid se debatÃa a actual Lei Xeral do Sector Audiovisual e en Galicia se abrÃa un novo contexto precedido por un cambio de goberno no que polÃticos, profesionais e investigadores foron convocados para contribuÃr a perfilar e coñecer o marco normativo e xurÃdico no que se move o sector. Un ano antes, a Academia organizou no marco do Festival de Cine de Ourense, un encontro para coñecer a realidade audiovisual noutros paÃses e territorios con dúas linguas (Gales, Quebec, Euskadi, Cataluña). As posibilidades antes a crise, o feito da implantación da televisión dixital, o perfil dos profesionais que traballan no sectorÂ… foron algún dos outros temas que se abordaron neste foro de debate. Máster class con profesionais de recoñecido prestixio e o anuario (coñecido como Os papeis da Academia) conforman o groso das actividades nas que tamén hai proxeccións, conferencias e participación en encontros.
“Houbo un tempo no que a situación económica non era a actual e, coa implicación de moitas outras entidades, a Academia dispuña de máis orzamento para facer actividades” explica Mourelos que están a buscar novos camiños para conseguir desvencellar a actividade da dependencia das entidades públicas. Rondan os 160 socios (cunha cota anual de 100 euros) e no 2013 preséntanse co reto de chegar aos 500. “É un obxectivo ambicioso, pero que ninguén pense que é secundario. Dalgunha maneira, detrás desta intención hai outra máis clara que é que Academia perviva e poida exercer esa actividade de representación”. Con unicamente dúas persoas en nómina, con actividades espalladas en todo ano e cunha sucesión de xuntas directivas que ceden o seu tempo libre. “Eu se non tivera que traballar, dedicarÃame profesionalmente á Academia” bromea Mourelos pola cantidade de traballo que lle ten que dedicar.
Ben certo é que cando se creou a Academia Galega do Audiovisual, ao estilo e semellanza doutras como a Estatal (Academia de las Artes y las Ciencias Audiovisuales, que organiza os premios Goya), era outro panorama diferente. Miguelanxo Fernández, presente desde o proxecto embrionario, ten claro que “desde a súa aparición naceron outras entidades, como o Clúster do Audiovisual Galego, as diferentes entidades asociativas (os dobradores, os técnicos, ….) e, con iso, academia debilitouse”. O debate sobre o papel da representación ou de interlocutor único é un dos que lle tocará a Academia no futuro máis inmediato.
O reto da representación
“A Academia non é un sindicato e, polo tanto, non actúa con posición de forza” ten moi claro o seu actual presidente, quen opta por “un papel de mediador e de interlocutor”. Pepe Coira engade que “á Academia tócalle un papel neutral, e polo seu carácter xenérico debe atender ás cousas común a todas as entidades”. Para Mourelos, o papel ha de ser un interlocutor e un mediador entre o sector e as institucións.
Entre os retos de futuro, para Mourelos “gustarÃanos poder facer informes, máis actividades en colaboración con outras entidades para dar a coñecer fóra de Galicia o que facemos aquÃ, representado polos premios Mestre Mateo”, pero a falta de financiamento lastra moias desas outras actividades.
Nin Miguelanxo Fernández, nin Coira nin Mourelos consideran que se pode falar de etapas ao longo destes dez anos, malia que contou con diferentes presidentes (Manolo Gómez, MarÃa Bouzas, Xosé Manuel Olveira “Pico” e actualmente Mourelos). Coira cre que “aÃnda non existe traxectoria suficiente”, mentres que para Miguelanxo, “é posible que todos seguirán sempre moi clara esa liña de representación e, polo tanto, tiveran un carácter continuÃsta”. O que está claro é que o contexto e diferente e que o futuro que se aveciña é bastante complicado e a Academia irá perfilando o seu papel.