O 2011 foi un mal ano para a edición en Galicia e en Galego. Así o sinalan os informes Comercio Interior del libro en España 2011, da Federación de Gremios de Editores e mais e El sector del libro en España 2010-2012 do Observatorio da Lectura e do Libro. O director de Xerais, Manuel Bragado, recolle no seu blog unha análise dos datos presentados, que revelan que a edición na nosa lingua minguou un 16,3% (de 2.544 a 2.130 títulos) segundo o informe de comercio interior, mentres o do Observatorio cifra o descenso nun 5,22% con 1.922 títulos editados o pasado ano.
A nivel de produción editorial, independentemente da lingua, no noso país a edición diminuiu un 28,8% no último ano, pasando de 4.754 títulos en 2010 a 3.384 en 2011.
A nivel de produción editorial, independentemente da lingua, no noso país a edición diminuiu un 28,8% no último ano, pasando de 4.754 títulos en 2010 a 3.384 en 2011.