O pasado mes de maio Edicións Positivas publicaba o poemario Inflamable de Samuel L. Paris, unha aposta que mestura a poesía social, o sarcasmo, os xogos de palabras, as referencias literarias e musicais e unha actitude que tende ao punk. Agora, o autor acaba de publicar na plataforma Bandcamp unha escolma da súa obra recitada e acompañada de música, nunha orixinal aposta de difusión poética. A selección está dispoñible na rede.