O crowdfunding chega á banda deseñada

Mariano Casas e Carlos Trigo recorren a esta fórmula para financiar a súas vindeiras obras

Páxina de presentación de <i>Crimson Society</i>
Páxina de presentación de Crimson Society
Ao igual que noutros campos da nosa cultura, o sistema de financiamento por micromecenado coñecido como crowdfunding, está a chegar tamén á banda deseñada do país. Mariano Casas está a reunir fondos para publicar a súa obra El club del miedo, unha novela gráfica que pretende ter 220 páxinas en formato A5 apaisado a cor na que se contan as aventuras dun neno cunha poderosa imaxinación de foxe do fogar. O autor precisa 4.500 euros para desenvolver o proxecto e o prazo para contribuir está aberto.

De xeito paralelo, Carlos Trigo está a participar como debuxante na banda deseñada Crimson Society, un proxecto que narra a historia dun lobishome nunha sociedade na que conviven humanos e seres sobrenaturais. Con guión de Michael Hunau, o proxecto está na plataforma Kickstarter e busca acadar 2.500 euros.