Un ambicioso proxecto que ao longo de catro anos achegou ao noso paÃs pensadores de renome internacional. Debates a múltiplas bandas, autores traducidos por vez primeira ao galego e a tentativa de modificar o xeito no que se concibe a idea de cultura no noso paÃs. O Consello da Cultura presentaba o pasado venres un volume de 700 páxinas que fecha a primeira etapa do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), pero o proxecto continúa.
Unha intervención de Félix Duque, a falar sobre O neohumanismo da non cidade abrÃa en febreiro de 2007 este ciclo. Desde entón, un bo feixe de pensadores pasaron pola sede do Consello da Cultura Galega, deixando os seus relatorios e que agora ven a luz nun só volume. Ramón Máiz coordinou este ciclo, que pretende “abordar o concepto de cultura desde a pluralidade no mundo de hoxe. Hai debates moi recentes en AntropoloxÃa, SocioloxÃa, a relación de cultura e cidade, a cultura e a nación ou o multiculturalismo”, sinala a resumir algunhas das propostas que se recolleron no encontro. En palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, a actividade “reflicte un estilo intelectual e un modo de actuar institucional”.
O formato
Un dos aspectos máis orixinais da iniciativa é o seu propio formato, moi pouco empregado no noso paÃs. Basicamente consiste en traer un pensador foráneo e procurar un público reducido con vistas a xerar o máximo debate posible. “A idea era que non houbese simplemente unha conferencia, queriamos xerar ámbitos de debate. Pretendiamos que houbese un núcleo estable de asistentes que participase e que lle dese continuidade a algunhas cuestións e lle outorgase unha certa unidade ao ciclo. E penso que iso o conseguimos”, explica Máiz. O formato esixÃalle os relatores presentar por escrito o texto a desenvolver, que se traducÃa ao galego e se publicaba na rede. Deste xeito os asistentes podÃan coñecer os temas a debater. A presentación prolongábase durante unha hora. “Metemos tamén un descanso de café para que o público interactuase e asà favorecer o contacto transversal”, lembra Máiz. “Logo continuaba o debate, que en ocasións se prolongaba ata as nove da noite”.
O público
A importancia que este sistema lle outorgaba ao público foi tal que os asistentes influÃron na elección de convidados e nos temas a tratar. “A propia dinámica foi suscitando cuestións ou nomes de autores que lle interesaban ao público, que foi retroalimentando o seminario. HabÃa un núcleo convidabamos de xeito habitual, logo segundo o tema contactabamos diferentes persoas” deixando aÃnda prazas abertas para outros interesados, explica o coordinador. Dos participantes, polo xeral, unha terceira parte foi máis ou menos fixa mentres outros dous terzos variaban segundo o tema tratado. Malia a que a altura dos debates pode facer pensar nun encontro para minorÃas, en ocasións a presenza de pensadores como Slavoj ÂŽižek provocou picos de ata trescentos asistentes. “En xeral penso que conseguimos unha boa asistencia, con 40 ou 50 persoas en cada sesión”, lembra Máiz.
A cuestión da cultura
A intención central de todo este ciclo foi amplificar o xeito no que se concibe a propia idea de cultura no noso paÃs mediante achegas multidisciplinares. Segundo explica o coordinador, “o debate clásico, e é importante, xirou aquà sobre qué debemos entender sobre cultura galega, subliñando o de galego. Discutiuse moito qué é galego e qué non, a relación entre cultura e a tradición ou cultura e lingua. Ou, por exemplo, cómo se sitúan na nosa cultura os artistas que fan a súa carreira fóra”. “No entanto”, segundo el, “habÃa algo que quedaba á marxe, que era o debate sobre o concepto mesmo de cultura, quixemos trasladar o debate á primeira parte do sintagma”. Para Máiz, o propio feito de ser a galega unha cultura de resistencia determinou en boa medida un certo conservadorismo no xeito de concibirmos o concepto. “Dunha situación de cultura minorizada durante tanto tempo sáese cun reforzo identitario, cun fechamento e cunha atención ao vocabulario identitario, da autenticidade e da fidelidade á tradición. Esta cultura da resistencia xoga o seu papel pero logo resulta fatal para o desenvolvemento plural e para a creatividade”, apunta. A ese respecto, e tal e como sinala a introdución da obra, o obxectivo é rachar coas concepcións herdadas do Romanticismo e da Ilustración. “Temos que prescindir da idea de identidade reificada, hai que atender o pluralismo interno, a existencia de diferentes versións en conflito que dan para diversas lecturas, apropiacións e heterodoxias. Iso implica abandonar esa filosofÃa que nos vén desde o XIX de procurar un núcleo duro da cultura e un canon estrito”.
A nova perspectiva
“Un elemento básico é abandonar esa perspectiva museÃstica da cultura como un legado que vén do pasado e que compre conservar, para a entender como unha conversación aberta, que ten moitas voces. Esta perspectiva permite estar pendente de cousas que un tendÃa a minusvalorar ou non entendÃa”, explica Máiz. Esta mudanza facilitarÃa, segundo el “que se atenda a manifestacións culturais emerxentes que agroman, nomeadamente a cargo de xente nova. Penso que xa están a aparecer iniciativas que traballan cun concepto máis aberto de cultura. Hai todo un agromar nos máis diversos ámbitos extraordinariamente potente, tanto en Galicia como de xente galega que está fóra, hai xente moi valiosa a traballar”. Entre os efectos máis inmediatos que busca o ciclo, o coordinador apunta o xeito de actuación da propia institución que o coordina. “Tentamos que o Consello se abra a novas voces, aos diferentes sectores. O Consello ten que introducir toda esta innovación, estar aÃ. Hai cousas que non teñen financiamento, proxectos editoriais e intelectuais, grupos de debate e artÃsticos e que ata o de agora a miúdo fican fóra da súa acción”.
A influencia
Malia a que o resultado máis visible dos encontros é o volume que se presentou o pasado venres e que recolle boa parte dos relatorios que se presentaron, o ciclo aspira a ter axudado a modificar o propio concepto de cultura no noso paÃs. “HabÃa unha asistencia importante de profesores de instituto, o cal é moi interesante á hora do efecto multiplicador que pode ter”. Canda a eles, “habÃa desde profesionais establecidos a artistas, escritores e xente que estaba a estudar. Non queriamos manter isto no circuÃto universitario, centrado en debates de disciplina ou de escola, queriamos que se achegase outra xente, de mundos moi variados”. A experiencia, segundo asegura Máiz, “foi iluminadora á hora de abrir fiestras cara a unha nova paisaxe. O retorno que tivemos foi moi bo, agora gustarÃame que se notasen os efectos disto na cultura. O que está claro é que non somos xa enteiramente os mesmos os que comezamos o ciclo, abrÃronse moitas perspectivas”, apunta.
Continuidade
Rematada, coa publicación do volume, a primeira parte do evento, o ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) continúa co mesmo formato e obxectivos. Anthony Pagden, profesor de Ciencias PolÃticas e Historia na University of California, Los Angeles, é o vindeiro convidado, e o vindeiro xoves, 4 de outubro, intercambiará impresións cos asistentes a partir dun relatorio que leva o tÃtulo De la monarquÃa católica a la república virtuosa. El imaginario polÃtico en la creación del mundo iberoamericano. A el, de certo, han seguilo moitos outros.
O volume O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s).Unha intervención de Félix Duque, a falar sobre O neohumanismo da non cidade abrÃa en febreiro de 2007 este ciclo. Desde entón, un bo feixe de pensadores pasaron pola sede do Consello da Cultura Galega, deixando os seus relatorios e que agora ven a luz nun só volume. Ramón Máiz coordinou este ciclo, que pretende “abordar o concepto de cultura desde a pluralidade no mundo de hoxe. Hai debates moi recentes en AntropoloxÃa, SocioloxÃa, a relación de cultura e cidade, a cultura e a nación ou o multiculturalismo”, sinala a resumir algunhas das propostas que se recolleron no encontro. En palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, a actividade “reflicte un estilo intelectual e un modo de actuar institucional”.