Sae á luz o volume O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

A obra editada polo Consello da Cultura recolle 28 intervencións dos relatores que participaron no ciclo

28/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
37 lecturas | Compartido 0 veces
Vinte e oito textos de pensadores de recoñecido prestixio internacional, como Slavoj Zizek, Josep Ramoneda, Amelia Valcárcel, Rafael Argullol ou Donatella della Porta, entre outros, na maior parte dos casos vertidos por vez primeira ao galego. Esta é achega que fai o Consello da Cultura co volume O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s). Coordinado por Ramón Máiz, o proxecto recupera as intervencións dos convidados ao ciclo homónimo que comezou a se desenvolver en 2007 e que busca debater desde diferentes perspectivas a concepción mesma de cultura.
O ciclo continuará o vindeiro 4 de outubro cun encontro con Anthony Pagden, que falará sobre De la monarquía católica a la república virtuosa. El imaginario político en la creación del mundo iberoamericano.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos