Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxÃa popular é o tÃtulo que encabeza as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral, que se celebrarán en Lugo os vindeiros 19 e 20 de outubro. O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá un evento que abordará cuestións como sexo e poder na cultura popular, os mouros en Asturias ou as relacións entre mouros históricos e mouros mÃticos. Mar Llinares, Rafael QuintÃa, Alexandre Parafita ou Antonio Reigosa son algúns dos relatores que participarán no encontro que organiza a Asociación Socio Pedagóxica Galega.