José Domingo publica en Inglaterra e Estados Unidos

A editora Nobrow lanza Adventures of a Japanese Business Man

A dupla capa de Adventures of a Japanese Business Man
A dupla capa de Adventures of a Japanese Business Man
A banda deseñada Aventuras de un oficinista japonés de José Domingo verá a luz no Reino Unido este mes de outubro e en Estados Unidos no vindeiro 2013. A editora Nobrow corre coa edición de Adventures of a Japanese Business Man, que conta cunha nova capa dupla e dúas ilustracións inéditas realizadas polo autor galego. A obra contaba xa cunha edición en francés, ademais da orixinal realizada en castelán, e foi seleccionada como mellor obra estatal de 2011 no Saló del Còmic de Barcelona