Un dos máis destacados precursores do Rexurdimento, Francisco Añón, será rememorado os vindeiros 4 e 5 de outubro nun congreso con ocasión do bicentenario do seu nacemento. No encontro, que se celebrará na Cidade da Cultura, presentarase a exposición Añón, precursor do Rexurdimento, e estrearase o documental Añón na memoria realizado por Juan Silva e Óscar Sendón. Ademais, o presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, presentará o libro Poesías galegas, e Ramón Blanco o seu traballo Vida e obra de Francisco Añón, editado por Galaxia.
Canda a eles, no encontro intervirán Ramón Villares, a falar sobre xeración de 1846, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, ou Manuel García Sendón, que abordarán diferentes aspectos do traballo literario do homenaxeado.