O XVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela foi para o escritor Heitor Picallo, en recoñecemento aos seus artigos no Diario de Pontevedra. O galardón, que busca recoñecer a defensa do galego nos medios de comunicación, conta cunha dotación de mil euros, ademais dunha figura e dun diploma conmemorativo. O premio está convocado en colaboración pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada e mais o Concello da Estrada, e entregouse na Feira do Moble que se desenvolve nesta localidade.