Lembro unha noite sentados diante da porta de Brandemburgo ás catro da mañá, na que Carlos estaba a planificar os cambios da Revista Grial e o proxecto dunha gran biblioteca de clásicos entre Xerais, que eu dirixía daquela, e Galaxia, que nunca se chegou a facer. Esta anécdota do editor Víctor Freixanes sobre Carlos Casares resume parte das carácteríticas deste poliédrico escritor clave no sistema cultural galego. Agora, un curso redimensiona o seu legado cando se cumpren dez anos do seu pasamento e ofrece novidades sobre a súa producción literaria.
Era un home tranquilo, programaba as cousas que logo se facían cos seus tempos incide Freixanes, intelectual e amigo persoal do escritor. Ata tal punto deixaba que as cousas tiveran o seu ritmo, que Iolanda Galanes, investigadora do grupo Bitraga da Universidade de Vigo, revisando os seus arquivos persoais atopou dúas tradución sao francés de Ilustrísima. Son claramente dúas traducións feitas en diferentes momentos, con cambios e variantes que podemos datar por referenciar persoais manuscritas explica Galanes que estuda o fenómeno de Casares dentro dun proxecto de investigación que analiza os fluxos de tradución (as obras galegas que se traducen a outras linguas e o fenómeno contrario, as obras que se traducen ao galego). No fondo é a continuación do catálogo que Casares iniciou como presidente do Consello da Cultura Galega insiste Galanes sobre un proxecto que presentarán a final de mes e do que avanza unha cifra. A tradución supón os 33,6% dos fluxos de edición que existen no noso país e convértese nunha realidade asentada. Casares é unha parte importante do papel que a tradución xoga no sistema literario galego tal e como revelaron diferentes personalidades presentes neste encontro organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e celebrado na biblioteca do Consello da Cultura Galega.
O escritor tradutor
Carlos Casares, con 10 obras traducidas e 26 traducións elaboradas por el, xoga un papel destacado no sistema literario galego. Iolanda Galanes, como membro do grupo de investigación da Universidade de Vigo insiste en que non é tan coñecido fóra do que en Galicia, pero gozou dun grande recoñecemento alén das nosas fronteiras. Con todo, o interese que suscita Casares non se debía unicamente ao intenso labor de xestor cultural que desenvolveu no estranxeiro en vida, senón que temos documentado traducións de 2010 e 2011 de pezas parciais que demostra esa faceta internacional que continúa a espertar interese a día de hoxe.
Con todo, a relevancia de Casares no eido da edición non se circunscribe só ao seu labor como autor, xa que como tradutor e como editor, unha faceta que non foi moi estudada pero, dá moitas claves do que el pensaba, dos seus gustos literarios e que tivo repercusións na tradución do sistema literario galego. Para este grupo de investigación, existe un momento clave na tradución e no que Casares ten moito que ver. Trátase do catálogo de tradución que o Consello da Cultura Galega elabora durante o seu mandato e que mesmo lle permite cambiar de opinión con respecto á tradución revela Galanes. É desde ese momento cando Casares empeza a considerar que a tradución é un feito importante dentro do sistema literario galego e un fito polo que loitar.
Casares traduciu principalmente literatura infantil e xuvenil porque consideraba importante dotar á literatura galega e as novas xeracións de lecturas universais. Na opinión de Galanes, iso explicaría feitos relevantes para a literatura galega como edicións de clásicos de Galaxia, convenios coa Xunta de Galicia e convenios coa Fundación Caixa Galicia. Non se entende o esplendor da tradución literaria en Galicia sen Casares, non só polo que el fai, senón polo que el instiga, polo que para nós é unha figura necesaria conclúe Galanes.
Nesa mesma dirección apuntou Víctor Freixanes que ampliou a perspectiva do dinamizador cultural ao labor desenvolvido como presidente do Consello da Cultura galega e a iniciativas concretas. De todas elas, Freixanes destacou os encontros de Verines, en Asturias, nos que con Víctor García de la Concha reuniron a escritores e críticos de todas as linguas de España, nunha iniciativa sen precedentes que xerou gran riqueza e intercambio.
O escritor xornalista
Ese ritmo que apuntaba Freixanes para programar as coustas cos seu tempos, dentro dese carácter tranquilo seu deixábase notar na súa faceta como articulista que durante moitos anos exerceu en diferentes medios de comunicación. As historias do Gato Samuel, da súa silla, das cousas que acontían en Nigrán, das mazás resultábanme moi simples e tiveron que pasar moito tempo para dame conta de que non existía tal obra xornalística, senón que se trata dunha complexa obra literaria, con estruturas complexas que responden aos universos literarios e non xornalísticos asegura Iago Martínez. Este xornalista participou no curso para facer un repaso das longas colaboracións dos medios de comunicación e que cualificou como obra literaria e as que chamarlles artigos xornalísticos non sería nin real, nin lle estamos a facer ningún favor ao xornalismo, que debe ser outra cousa. Por ese sentido, Martínez apuntou que os grandes premios xornalísticos deste país gañáronos escritores, non xornalistas. Con todo, para Martínez o caso de Casares non é unha excepción, senón unha tónica xeral do que acontece con moitos outros escritores dos que destacou o caso de Celso Emilio Ferreiro.