Festicultores Troupe debuta con Sadomusiquistas

O primeiro disco da formación achega dez temas inéditos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Sadomusiquistas

Capa de Sadomusiquistas

Logo de sete anos a animar cos seus directos festas e romarías, Festicultores Troupe debutan no mercado discográfico con Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira. O disco achega dez temas inéditos e catro dos xa habituais nas súas actuacións como A Kabra Makabra, mantendo o ton festeiro e de pachanga propio do grupo. A gravación correu a cargo de Tomás Axeitos nos estudios A Ponte. Ademais do formato físico, o volume está dispoñible na rede en plataformas como Spotify,iTunes ou Grooveshark.

Para quen queira coñecer o proxecto ao vivo, as vindeiras citas son o 9 de setembro no San Caralampio de Melide e o 15 de setembro nas festas patronais do Barco de Valdeorras e mais no Festival Paraíso de Monforte.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Spotify, Barco de Valdeorras, Melide

Claves

Entidades