Ao ronsel da desaparición (e reaparición) posterior do Códice Calixtino, a Igrexa galega decidiu revisar os seus arquivos á procura dos máis e mellores documentos que nunca saíron dos Arquivos das súas catedrais. O resultado é unha exposición, aínda sen nome nin datas confirmadas, pero que se sabe que será o gran reclamo da Cidade da Cultura para o vindeiro outono. Falamos con Segundo Pérez, director do Arquivo da Catedral de Santiago para que nos explique a relevancia e significación de cada un destes manuscritos que contextualizan o Códice Calixtino.
Os doce manuscritos que se exhibirán nesa vindeira exposición representan parte principalísima do tesouro documental da Igrexa galega e sen os que non se podería entender a historia de Galicia resume Segundo Pérez, director do Arquivo da Catedral de Santiago e un dos artífices desa mostra. O gran reclamo é o Códice Calixtino, que na primeira exposición pública trala súa reaparición recibiu 12.000 visitas en tan só oito días. Foi moi positivo ese recoñecemento a nivel popular, de xente que pediu velo porque para eles non era coñecido pero si que o era a nivel de científicos e estudosos do mundo enteiro, que sempre tiveron acceso. Nese sentido, Segundo afirma que o arquiveiro anterior a min, hoxe Deán da catedral di que só ten constancia de que en tres ocasións se quixera ver o Códice por parte dun compostelán.
Os pata negra
Coa inesperada sona do Códice Calixtino, a Igrexa iniciou un continuado diálogo coa Consellaría de Cultura para continuar a dar a coñecer este libro. Foi así como se xestou unha mostra que tivera como centro o códice e foran exemplares, significativos da produción medieval. O resultado, do que quedan aínda moitas cousas por perfilar como as datas e o titulo, ten forma dunha exposición selectiva e reducida das mellores pezas manuscritas que se conservan nos arquivos das catedrais galegas. En total, doce pezas que se resumen do seguinte xeito: catro volumes que se conservan no arquivo da catedral de Santiago e outras dúas de cada unha dos arquivos das restantes catedrais. Son os pata negra dos nosos arquivos asegura o responsable do arquivo da Catedral de Santiago.
Tanto na recuperación e rehabilitación do Códice, como na conservación das catedrais hai cartos públicos é normal que repercuta na sociedade de feito, para Segundo, esta é unha primeira exposición, pero pode haber outras, parécenos que este ten que ser un camiño de futuro.
O centro desa exposición será o Códice Calixtino, achegado desde a diocese de Santiago e principal documento que inclúe sermóns, himnos, milagres, relatos da translación do Apóstolo, textos litúrxicos e pezas musicais relacionadas co Apóstolo Santiago. Arredor del, dialogan un material que inclúe desde un catálogo de santos (un martiroloxio), un tombo (libro grande de pergamiño no que as igrexas copiaban a letra os privilexios e demais escrituras das súas pertenzas) ou libros de oracións (breviarios).
Da catedral de Santiago
Dos catro volumes que achega o Arquivo da catedral de Santiago, cada peza merecía unha exposición, son documentos e manuscritos dunha categoría e importancia que serven para contextualizar o códice afirma o seu responsable, Segundo Pérez.
Sobresae o Tombo A que, desde o punto de vista de miniaturas é o documento máis importante da Catedral Compostelá. É mellor e moito máis valioso que o Códice, que nunca se exhibiu previamente asegura o responsable deste arquivo. Fai parte dos tombos, becerros, cartularios ou códices diplomáticos que xurdiron na Hispania cristiá de finais do século XI e no primeiro terzo do século XII e contén privilexios, doazóns, compravendas, testamentos, actos xurídicos... de reis, bispos, magnates ou particulares.
Para min é unha peza extraordinaria o Breviario de Miranda, que toma o nome nome dun cóengo do século XV, o seu último dono explica Segundo Pérez dun volume que considera unha das obras principais que existen en Galicia e en España que se conserva antes da aparición da imprenta. É un breviario, un libro de oracións, que ten unhas viñetas dunha beleza incrible que o converten no documento máis relevante desde o punto de vista estético. Este breviario romano introduce tamén certos elementos composteláns, como os oficios dos santos dos que a cidade de Santiago era moi devota e de elementos relativos á peregrinación e o camiño de Santiago.
No que atende á Historia Compostelá é o manuscrito máis antigo que documenta a historia desta cidade. Describe feitos e acontecementos do período do arcebispo Xelmírez. Malia que hai varias edicións, a que se exhibe é a máis vella explica.
Diocese de Lugo
Son dous os volumes que se achegan desde Lugo: o Libro XI de bulas papais e os Privilexios Reais dos séculos IX-XV, que aínda que gozan de certa notoriedade non son o máis destacado deste arquivo. A Diocese de Lugo apenas ten arquivo catedralicio porque na desamortización o seu patrimonio trasladouse ao Arquivo Histórico Nacional, onde se conserva, por exemplo, o famoso tombo vello de Lugo explica Segundo Pérez. Ademais, outra das pezas máis destacadas, O breviaro lucense foi mal restaurado, non abre e, polo tanto no se pode exhibir nesta ocasión".
Diocese de Mondoñedo-Ferrol
Malia súas grandes dimensións, o máis destacado do Tombo Pechado é o seu contido. Son 250 folios en pergamiño que atopan 635 documentos dos anos 1388 a 1525. Canda el, o arquivo da catedral de Mondoñedo exhibe tamén a Legenda Maior de San Francisco do século XIII Segundo Pérez, explica que se trata dun manuscrito pequeno que se conserva na biblioteca de seminario. En España só hai tres exemplares, e non se pode descartar que pertencera a Frai Antonio de Guevara.
Diocese de Ourense
Desde o nutrido patrimonio arquivístico de Ourense, prestan a esta exposición, o Breviarius Auriensis do século XIII, un oficio da igrexa de Ourense, é dicir, un libro de oracións e o popular Misal Auriense. Para Segundo Pérez, esta peza datada en 1493 destaca pola súa relevancia histórica. Antes de establecerse en España o rito romano, o misal de San Pío V, cada diocese tiña un misal propio. Hai datos deles, pero só se conservan follas soltas (que estaban encadernando outros libros) pero esta xoia única, consérvase completa.
Diocese de Tui- Vigo
Completa a exposición as dúas achegas da diocese de Tui-Vigo que son dúas publicación. Dunha banda o Libro Pontifical do século XIV que é un libro das cerimonias do bispo que está en moi bo estado de conservación e que inclúe unha estrutura litúrxica completa. Da outra, o Pasionario Tudense do XII, ao que había que chamarlle martiroloxio, porque é unha especie de catálogo de santos coa súa vida e é dos máis antigos da península apunta Segundo Pérez.