Despois de ser o escenario das propostas do arquitectos “star-system” con independencia da funcionalidade e da habitabilidade dos seus proxectos, a Bienal de Arquitectura de Venencia reinvéntase para dar conta da arquitectura cotiá, sustentable e pensada para as persoas. A proposta, que arrinca hoxe na popular cidade italiana, contará cunha nova sección “Common ground” no que o coñecido David Chipperfield elexiu a 69 arquitectos para dar conta deste novo cambio da maneira de concibir a arquitectura. Entre os proxetos que se exhibien nesta nova sección estará os traballos de Juan Herreros, que aproveitará para exhibir a proposta gañadora do concurso para a construción da futura estación do AVE de Santiago de Compostela. O proxecto propón a eliminación da actual estación.