Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega, organizan este sábado (1 de setembro) gunha homenaxe a Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932). Un recital poético-musical, contacontos e lecturas dramatizadas, unha travesía en barco e unha marcha gaiteira son algunhas das actividades previstas para honrar ao chamado Poeta do mar e un experto do relato tradicional, que marcou a súa longa traxectoria literaria. Graña foi unha peza destacada na creación do grupo Brais Pinto (1958) e na fundación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi o seu primeiro presidente.