Tradúcese ao francés Las fabulosas crónicas del ratón taciturno de Martin Romero

Atrabile é a encargada da edición dunha obra que saíu en español en 2011

Portada da edición francesa de Les Fabuleuses Chroniques d´une Souris Taciturne
Portada da edición francesa de Les Fabuleuses Chroniques d´une Souris Taciturne
Unha separación, unha excéntrica veciña e unha mudanza cara o rural son as historietas que conta Martín Romero no seu álbum Las fabulosas crónicas del ratón taciturno. Unha publicación que pode lerse en francés da man da editora Atrabile, logo de que Apa Apa e Sins Entido a editaran en castelán o ano pasado. “Ten unha portada diferente e algunhas pequenas variantes no interior” explica Romero con respecto a edición francesa. O proxecto xestouse en Angouleme logo de que o seu autor recibira a bolsa AlhóndigaBilbao de banda deseñada.