Ilustrísima, Vento Ferido, Os escuros soños de Clío
. varios títulos da bibliografía de Carlos Casares son ou foron lecturas (obrigatorias ou recomendadas) no ensino secundario. Isto deu pé a que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo se centrase, no ano que se cumpren dez do seu pasamento, nesa relación do mundo do ensino coa produción literaria deste escritor.
O curso pretende, ademais de recuperar o interese do profesorado, suscitar o interese do alumnado universitario pola investigación académica do escritor. A cita, Carlos Casares, escritor e intelectual do seu tempo tamén ofrecerá unha das caras menos coñecidas do escritor, desvelando a súa relación coa cultura catalá. Investigadores e amigos do escritor como Víctor Freixanes, Barreiro Rivas, Dolores Vilavedra ou Marina Mayoral participan nesta cita que terá lugar do 5 ao 7 de setembro no Consello da Cultura Galega.