Problemas existenciais, de noites de esmorga, a evolución do rural galego, historias acaecidas nas minas de wolframio… son moi variadas as temáticas das producións audiovisuais que este ano recibiron apoio por parte de Agadic. Revisamos da man dos seus produtores as liñas argumentais dos proxectos e comprobamos os diferentes estadios de elaboración nos que se atopan. Pouca comedia nunha relación de proxectos marcados por un encontro do cine co medio e coas adaptacións literarias.
Teñen en común estar producidos (ou coproducidos) por produtoras audiovisuais galegas e recibir unha achega para a súa realización por parte da Agadic. Son 18 tÃtulos, os beneficiarios do sector neste ano da liña de apoio a produción que convocou a administración pública neste 2012 e, posiblemente a única. Hai proxectos xa rodados, como Somos xente honrada de Vaca Films; outros en pleno proceso A Ausencia de Zeitún Films e outros como Escravos da terra (Producións A Fonsagrada) ou Hotel ALmirante que están en fase de financiamento. Son tan varias as súas situacións como as temáticas que recollen, nas que hai pouco oco para a comedia.
Do impreso á imaxe
A literatura segue a ser unha boa fonte na que bebe o cinema e entre os proxectos apoiados este ano hai tres traballos que levan á pantalla cadansúa novela. Unha delas é A Esmorga, o proxecto de VÃa Láctea Films de adaptar a novela homónima de Eduardo Blanco Amor. Coa contÃa máis alta desta convocatoria, preto de 335.000 euros, Ignacio Vilar acomete o reto de converter en imaxes un texto que xa foi levada ao cinema no ano 1977 por Gonzalo Suárez baixo o tÃtulo de La Parranda con José Luis Gómez, José Sacristán, Antonio Ferrandis, Fernando Fernán Gómez e Charo López, pero desta volta rodada en Galego.
Outra adaptación é, Hotel Almirante que a escritora lucense Marta Rivera de la Cruz editou no 2002 e que agora Formato Produccións transforma en pelÃcula para televisión. Agadic concede case 246.000 euros para unha pelÃcula que segundo conta o produtor, Tomás Galdo, “está en proceso de reescritura de guión no que Breogán Riveiro está a traballar xunto coa escritora”. A historia arranca coa descuberta do cadáver dunha muller que deixa tras de si unha historia de sagas familiares que se rodarán en Lugo. O filme está en fase de financiamento e conta co interese (aÃnda sen concretar) da Televisión de Galicia.
Completan as adaptacións, a aposta que Zircozine fai por levar á pantalla a novela gráfica Psiconautas, unha historia poético-social protagonizada por unha galerÃa de seres antropomórficos na que destacan Dinky e Birdboy, unha ratiña e un rapaz-paxaro. A historia creada por Alberto Vázquez chega agora á gran pantalla cunha axuda de preto 227.000 euros para a súa produción, aÃnda que tamén levou no ano 2008 unha axuda de guión.
os formatos longos
Non parte dunha novela, senón dun documental do que conserva o tÃtulo. As produtoras Agallas Films (Galicia) e Arrayás Producciones (AndalucÃa) recuperan o feito de que algunhas minas de wolframio galegas foron campos de traballo durante Segunda Guerra Mundial. E nesta volta contan unha historia de ficción baseada nun feito real: a dun preso andaluz que foi trasladado a unha mina galega de wolframio e na que vive unha inesperada historia de amor, con fuxidas de presos incluÃdas. O proxecto conta con Simón Casal de Miguel, que repite pelÃcula para televisión despois da boa acollida da súa primeira incursión neste formato (Eduardo Barreiros, o Henry Ford Español, gañadora do Worldfest de Houston, do Mestre Mateo á mellor tvmovie e seleccionada en varios certames).
O tÃtulo que xa está en fase de rodaxe na costa lucense é A Ausencia, o vindeiro proxecto que sae do selo Zeitun (Todos vós sodes capitáns) que cunha axuda de Agadic (máis unha de desenvolvemento que recibiu de Alemaña) está a tomar forma. Trátase dunha coprodución cunha empresa alemana, que se achega as preocupacións existenciais de Aleixo, un home que está na trintena cunha preocupación vital tras ter un fillo e perder o seu traballo. Un filme que, segundo o seu produtor, Felipe Lage, “está na mesma liña de proxectos como a aventura de Antonioni ou o cinema de Robert Bresson”.
Xa en postprodución está unha das escasas comedias apoiadas nesta edición. Trátase do tÃtulo Os ladróns somos xente honrada, a ópera prima Alejandro Marzoa (de feito recibiu 240.00 euros de axuda por primeira obra) e que conta con Miguel de Lira, Unax Ugalde e Manuela Vellés. Esta coprodución de Vaca Films e El Terrat (Andreu Buenafuente e Jose Corbacho) conta a historia de dous pais de familia e amigos de toda a vida (Suso e Manuel) que non pasan polo seu mellor momento. En paro, sen cartos, cunha familia que alimentar conta o dilema moral, e os problemas que se lle veñen enriba cando se ven obrigados a vender a droga para conseguir saÃr da miseria.
Olladas á realidade: o protagonismo do rural
Entre as longametraxes documentais que destaca un traballo da delegación galega de FÃlmax (baixo a marca empresarial de producións A Fonsagrada, S.L.), Escravos da terra que, segundo explica Jesús Vecino “está en fase de financiamento do documental de creación”. O proxecto ofrece unha visión “moi persoal” sobre o agro galego a cargo de Anxo Vázquez que “leva moitos anos traballando sobre este tema en numerosos programas de televisión e coñece moi ben a súa problemática. Para este proxecto reciben 33.289,36 euros.
Seguindo no campo, pero con outro punto de vista, está o proxecto Trinta lumes co que a produtora coruñesa La Soga Films pretende “unha viaxe a un mundo que desaparece lentamente visto desde os ollos dos últimos trinta nenos que habitan nel”. Unha rodaxe fragmentada (seguindo os trimestres dunha escola do Courel) para que Diana Toucedo (saÃda da premiada ESCAC de Barcelona) conte desde un punto de vista natural a evolución dese mundo rural da alta montaña. O proxecto, en fase de premontaxe, recibiu 30.000 euros.
Para completar a temática rural, a convocatoria tamén destina contÃas En todas as mans. O monte en mancomún de Trespés Sociedade Cooperativa Galega. Dous nomes propios tamén nos documentais de difusión cultural: o de Julio Camba e o do violinista Manuel Quiroga que Portocabo TV e a Produtora Faro van retratar con axudas que rondan os 35.000 euros por proxecto.