
Despois de catro anos de traballo, varias remodelacións e un profundo proceso de transformación tecnolóxica (posibilitar a compra de entradas con dispositivos móbiles) decidiron desistir. “Puxemos cartos dos nosos propios petos e, malia que foi doloroso, decidimos non continuar” explica a directora dun proxecto que chegou a contar con cinco persoas pero que “nos últimos tempos notamos un descenso drástico de actividades tanto de ámbito público como privado" que acabou por asfixiar a iniciativa.