“Un ano, cando xa as datas da mostra estaban fixadas, soubemos que viña un circo a Cee. E empezamos unha guerra de carteis para evitar que nos quitara todo o o público. Obviamente perdemos porqueÂ…. ¿ti sabes a de carteis que ten un circo? Nós non podÃamos competir”. Esa anécdota que explicaba Toño Casais, director da Mostra de Teatro de Cee, resume parte do espÃrito que os leva, vinte e cinco anos despois de traballo ininterrompido, a botar o peche.
Non hai unha causa única, senón un cúmulo de circunstancias que remataron nunha decisión final. “No fondo é o conxunto dunha realidade e, sobre todo, o agotamento e a falta de perpectivas que hai cara o futuro” asume Toño Casais, membro de TalÃa Teatro e director do encontro. Este xoves abre as súas portas a última edición dun encontro que ofrecerá catro dÃas á razón de cinco función diarias con espectáculos para todos os gustos: infantil, adulto, de rúa . Ata hai unha estrea, o Cipriano de Bequelar da compañÃa Carrachanacha, “trátase dun espectáculo bastante punzante, moi ácido e farsesco” explica Toño Casais.
Pero… como se chegou ata aqu� : as claves dunha decisión
Desde aquel ano 88 no que se comezou a erguer unha programación que dera conta dos espectáculos de teatro galego e en galego, os integrantes de TalÃa Teatro viron como habÃa varias constantes que se foron repetindo ano tras ano. En primeiro lugar porque a interlocución coa administración era un diálogo constante e anual que respondÃa a peticións particulares e puntuais. “Fomos vendo como ano tras ano se Ãa improvisando e repetindo o esforzo de explicar a significación, a programación e as caracterÃsticas da mostra” explica Toño Casais. Con todo, era un esforzo que desde a organización entendÃan como inevitable. “Pero sobre todo o que máis pesa, argumenta o director, era o sistema que se foi endurecendo de xustificar subvencións”. Casais entende a rixidez dos trámites administrativos como unha fórmula de garantÃa de non desviar fondos públicos, pero considera que “para entidades sen ánimo de lucro, que facemos un ben público, que non particular, que se fai con carácter altruÃsta e que, ademais o que facemos é unha responsabilidade da Administración e dos gobernos” terÃan que facilitar outras vÃas. No fondo, en aras dese estrito procedemento de tramitación, as partidas económicas chegaban meses despois de que se celebrara o acontecemento para o que recibÃa subvención. Iso supuña que a organización tivera que adiantar cartos e iso, explica Casais, traducÃase en que “tiveramos que recorrer a préstamos persoais para poder facer a mostra”.
A isto engándenselle dúas dificultades a maiores. Unha delas, xa vella, é que na administración local, ás veces prometÃan cartos que despois nunca chegaban (pero que si que se contaron para presupostar contactar as compañÃas e que logo acaban lastrando un déficit); a outra, moito recente, é que a Agadic regulou as axudas a festivais e encontros a través dunha convocatoria de concorrencia competitiva cuns requisitos que deixaban fóra de recibir axuda a mostras como as de Cee. Por parte de Agadic aseguran que todas as convocatorias se negociaron previamente co sector e que, polo tanto, eran sabedores de que isto poderÃa acontecer.
A asfixia económica e o desgaste lóxico deste tipo de situacións fixeron mella nos organizadores. “A improvisación coa que desde as diferentes administracións, por mor da falta dunha polÃtica cultural clara, fixo que se foran tomando decisións que logo se revestiron e todo este contexto acabou por aburrirnos” recoñece Casais. Por iso, tras vinte e cinco anos decidiron que “en lugar de que a mostra esmorecese soa, co paso do tempo, poñerlle un punto e final”.
unha mostra para un pobo
Son varios os sinais de identidade que desde TalÃa Teatro se lle deron desde o primeiro momento a esta cita que agora desaparece. “Tiña que ser teatro en galego, cun mÃnimo de calidade, e ao que nunca lle quixemos poñer a etiqueta de profesional porque nós tamén fomos afeccionados e non queremos traizoar as nosas propias orixes” aclara Casais. E aÃ, durante vinte e cinco anos, esta vila que non chega aos 8.000 habitantes (segundo o web do INE), contou cunha oferta cultural estable que se celebraba durante o verán. “Empezamos cunhas intencións moi básicas, de achegar o feito teatral a unha poboación que está a máis dunha hora de Santiago ou da Coruña, localidades que lle podÃan ofrecer un evento cultural e que doutra maneira ninguén tiña”. Durante este cuarto de século, desde TalÃa Teatro fóronse acollendo numerosas celebracións á razon de catro ou cinco dÃas de cartames e que lle permitiron ao público, madurar como conxunto. “Ao principio a xente aplaudÃa por todo e case sen criterio, pero co tempo foron empezando a ver o que lles gustaba e o que nonÂ… en resumidas contas maduraron” lembra Casais.
Este ano, a mostra conta con 10.000 euros para celebrarse, moi lonxe dos 40.000 dos que chegou a manexar nalgunha ocasión, e que estarricaron para ofrecer espectáculos tanto exteriores (os populares pasarrúas) como as tradicionais funcións. A mostra de Teatro de Cee tamén desaparece, sen ter pisado ese auditorio municipal que “tantas veces nos teñen prometido” desde hai máis dunha década.