Javier Teniente abre en Vigo a primeira galería de autor de Galicia

Este premiado fotoperiodista exhibirá desde setembro as súas instantáneas

14/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Javier Teniente

Premiado fotógrafo de guerras e de catástrofes, Javier Teniente (Vigo, 1968) comezará desde setembro unha nova aventura profesional. Trátase da primeira galería de autor que abrirá na súa cidade natal co obxecto de dar a coñecer o seu traballo fotográfico. Segundo publica hoxe Faro de Vigo a galería tamén dará acubillo a outro tipo de artistas, para completar a súa visión da fotografía. Teniente é autor de Fillos do océano, unha exposición que documentou diferentes formas de pesca en distintas partes do mundo, desde a pesca do atún en Barbate, a persecución da lagosta en Nicaragua, ou a captura do bacallau en Lafoten (Noruega). O proxecto é posible ao ser un dos seis empresarios que accedeu aos locais comerciais postos a disposición dos empresarios polo Consorcio do Casco Vello vigués.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Vigo, Fotografía, Faro de Vigo...

Claves

Entidades
Lugares