
Entre as pezas a expoñer haberá facsÃmiles como o do propio Códice ou o da cruz doada polo rei Afonso III no 874 e que foi realizado, como a orixinal, en ouro e pedrerÃa no ano 2004. Tamén se expoñerán orixinais como o capitel medieval dunha casa compostelá, un libro do século XVI que recolle gravados con escenas de peregrinación ou un rosario de acibeche e prata do gremio de acibecheiros de Santiago do século XIX. Entre os elementos que complementan a mostra figurarán fotografÃas ampliadas das miniaturas do Códice, vÃdeos de peregrinos actuais e as reconstrucións virtuais do altar maior e da fachada norte da primitiva catedral románica segundo as descricións do Libro V do Códice Calixtino. En canto as pezas contemporáneas relacionadas estarán as láminas e letras capitais de Francisco Leiro realizadas no 2009 para a tradución galega, un óleo do Apóstolo de 1992 de Afonso Sucasas e a serie de pinturas sobre os milagres de Santiago feitas por Antón Patiño no ano 1993. A música ambiental da exposición procederá das notacións musicais orixinais do Códice.