A tramoia descuberta (6): tras o pano

Baltasar Patiño e Elixio Vieites conversan sobre a parte menos visible dos espectáculos escénicos

Imaxe de
Imaxe de "Animais artificiais", espectáculo da extinguida compañía Matarile Teatro, con escenografía e iluminación de Baltasar Patiño. Fonte: matarileteatro.com
“A nosa é unha profesión que ten que parecer que sexa fácil, aínda que hai grados de dificultade” asegura Eilixio Vieites, tramoísta do Centro Dramático Galego. Canda el, o recoñecido iluminador Baltasar Patiño protagonizan unha nova entrega de “A tramoia descuberta”, os podcasts presentados por Manu López e Ramón Estévez arredor das artes escénicas. Nesta ocasión, Vieites e Patiño achegan algunha anécdota sobre a súa profesión, descobren trucos e mesmo fan algunha crítica ao labor dos arquitectos pola situación dos teatros galegos.

Créditos

Sintonías:
Sintonía entrada: Canción-Jean Paul. Intérprete-Ataque Escampe
Brincadeira: Canción-Misión de Audaces. Intérprete-Ataque Escampe
Sintonía recital: Canción Galicia Calidade. Intérprete: Ámbito quinito.
Voz da rúa: Canción-Colleita's Parti. Intérprete-Dios Ke Te Crew
Sintonía despedida: Canción-Río Grande do Sul. Intérprete-Emilio José
Descarga o podcast para o teu dispositivo (en mp3).