Sae a segunda edición de Aventuras de un oficinista japonés

Kalandraka publica O papagaio de Monsieur Hulot

<i>Anatomía de un oficinista japonés</i>
Anatomía de un oficinista japonés
A segunda edición premiada obra de banda deseñada Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo, está xa na rúa da man de Bang! ediciones. A coincidir con este lanzamento, a libraría Alita publica en edición limitada o texto de Gerardo Vilches Anatomía de un oficinista japonés. Trátase dunha guía de lectura para a obra de Domingo que conta con ilustracións orixinais do autor e que se agasallará na propia libraría. Ao tempo, Kalandraka anuncia que xa está na rúa O papagaio de Monsieur Hulot, unha obra de narrativa gráfica experimental a medio camiño entre a BD e o libro ilustrado que sae en senllas edicións en portugués e castelán.

Brais Rodríguez, pola súa banda, asina unha colaboración no número sete da revista ARGH!, na que xa viña colaborando de xeito habitual.