"Propiciar as condicións e infraestrutura necesarias para o desenvolvemento do traballo literario, así como o establecemento dun espazo de intercambio entre os escritores e a comunidade de acollida" son os obxectivos cos que a editora Axóuxere pon en marcha a Residencia de Escritores, coa colaboración do Concello de Rianxo. A catalá Irene La Sen inaugura no mes de agosto este proxecto, que se desenvolve na aldea de Brión. A autora desenvolverá o seu traballo creativo nunha casa acondicionada ao tempo que realiza obradoiros, recitais e encontros cos veciños.
A editora pretende darlle continuidade a esta iniciativa e xa abriu o prazo para se inscribir na edición de outono deste programa.
A editora pretende darlle continuidade a esta iniciativa e xa abriu o prazo para se inscribir na edición de outono deste programa.