O Consello da Cultura Galega presentou onte en Rianxo unha edición especial do poemario Pranto matr5icial que inclúe unha gravación da voz do seu autor, Valentín Paz-andrade. A publicación integra os textos Pranto polo amigo Daniel, de Ramón Villares, o estudo introdutorio Paz-Andrade, os galeguistas, Bos Aires e Pranto Matricial, de Afonso Vázquez-Monxardín, o facsímile de Pranto Matricial en galego e castelán e o CD coa gravación dos seis poemas que o autor fixera en 1957 nos Estudios San Martín en Bos Aires. En primicia, podes escoitar un dos poemas: "Cando ti volvas polo mar".