Logo do éxito da primeira edición que celebraron en Allariz, a Asociación Galega de Editores (AGE) recunca co formato Outlet. O Café Moderno de Pontevedra acollerá entre o 21 e o 29 deste mes o II Outlet do Libro Galego, organizado en colaboración con dúas librarías. Segundo explican desde a AGE, con este proxecto poñen á venda "títulos e autores que foron reemprezados polas novidades editoriais e que xa non forman parte dos escaparates e andeis das librerías galegas". Os editores sinalan a súa intención de continuar con esta iniciativa en diferentes localidades do país en colaboración coas librarías locais.