Ás poucas horas de que comezasen as primeiras manchas de fuel entraran polas nosas costas, comezaban a aparecer os primeiros exemplares de paxaros afectados. Axiña o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo, en Pontevedra, viuse desbordado e houbo que buscar unhas instalacións máis amplas para dar resposta ó desastre. Así naceu o Centro de Rescate de Aves Petroleadas do Campiño.
O día 21 novembro comezaban os traballos para transformar a base de helicópteros do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais do polígono industrial do Campiño, en Pontevedra, nun centro de recuperación de aves. A intención era dispor dun sitio grande, cun axeitado subministro de auga e de electricidade para atender ó alude de paxaros afectados pola marea negra que desbordaban as posibilidades do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo. Cando o centro do Campiño comezou a funcionar só había nove persoas traballando nel. Hoxe hai cada semana unha lista de voluntarios de trinta persoas ademais doutras vinte que colaboran permanentemente na recuperación dos paxaros que van chegando, co apoio da Consellería de Medio Ambiente.
O amigo americano
A pesar da experiencia do centro de Cotorredondo na recuperación de fauna salvaxe, as magnitudes do desastre fixeron que se solicitase o asesoramento da organización americana IFAW, que xa tiña experiencia en mareas negras coma a do Erika. Ós poucos días chegaban dez estadounidenses dun dos equipos de emerxencia desta organización. Foron eles os que, en liñas xerais, deseñaron a distribución do centro, separando as zonas de traballo e aportaron os seus coñecementos para establecer os mecanismos de limpeza ou as doses de alimentación. Houbo que instalar unha carpintería na que preparar caixas axeitadas para as aves e outros materiais, adquirir piscinas dun tamaño axeitado, acondicionar as zonas de secado e de lavado... Finalmente o centro comezou a funcionar, sendo o único lugar do país onde se realiza o ciclo completo de recuperación das aves.
O sistema
As aves son recollidas por equipos das diferentes organizacións ecoloxistas que se ocupan de cadansúa zona do litoral. Logo de pasar por algún dos centros de estabilización instalados a pé de praia, coma os de Gondomar, Bueu ou Noia, onde reciben as primeiras atencións, son enviadas en caixas individuais ó Campiño ou ó centro de Oleiros. No Campiño acumúlanse na sala de recepción. Desde alí pásanse a caixas grandes de madeira cubertas por sabas, nas que van recibindo cada dúas horas soro e a primeira alimentación en forma de papas. Dependendo de cada animal, cando se considera que está forte de abondo comeza o proceso de limpeza, que se realiza con lavalouzas Fairy e que esixe máis dunha hora de dedicación a cada exemplar. Despois dun aclarado, sécanse mediante aparellos especiais de aire quente. Logo de estaren completamente secas, as aves pasan ás piscinas, arredor de quince colectores con auga que se renova constantemente. Alí compróbase se o animal recuperou completamente a súa impermeabilidade. O último paso é a liberación, logo de marcar e identificar cada exemplar, e aínda que polo de agora non se ceibou ningunha ave, agárdase que en poucos días marchen as primeiras.
Os detalles
Aínda que o proceso semella sinxelo, existe toda unha serie de detalles necesarios para desenvolver axeitadamente a tarefa de recuperación. En primeiro lugar, os traballos deben desenvolverse en silencio, xa que o stress é a primeira causa de morte nas aves rescatadas e en catividade. Os voluntarios teñen estrictas instruccións de non sacar nunca as luvas nin as gafas protectoras, para evitar unhas peteiradas moi perigosas se chegan ós ollos. De calquera xeito, é raro que alguén se libre dalgunha mazadura. As caixas que acollen os paxaros teñen que posuír un chan de dureza desigual (reixa, xornais...) para evitar que os pacientes magoen as súas patas. Hai que realizar análises de sangue e inspeccionar individualmente os animais As piscinas contan con rebordadeiros xusto a ras de auga para evacuar o aceite e o lixo que se acumula na auga ó lle dar de comer peixe ás aves. Algunhas delas teñen que permanecer cubertas porque hai especies que poden alzar o voo sen necesidade de dispor dunha superficie sobre a que acelerar. Estes depósitos teñen que ter unha altura suficiente para que os paxaros no vexan a ninguén desde elas. E para acceder ó seu interior hai que empregar pasarelas de madeira que se preparan na mesma carpintería. Hai que preparar catering para os voluntarios e os traballadores. E responder constantemente ás chamadas de axuda dos voluntarios e mesmo ós voluntarios que se presentan directamente no centro para axudar sen contacto previo.
Vontade non falta
As chamadas solidarias internacionais son constantes desde o comezo da catástrofe. Onda o equipo de IFAW axiña se achegaron ó centro membros do Grupo de Recuperación de Fauna Autóctona (GREFA) de Madrid. A aparición do centro nas canles internacionais da radio e da televisión españolas provocaron na fin de semana do seis ó oito de decembro un auténtico alude de chamadas desde lugares tan remotos coma Xapón e a aparición de persoas de todo o estado ós que non se daba atendido. Moita da xente que acadara un posto para colaborar realizaba quendas de máis, encheuse o albergue para peregrinos con voluntarios, e na actualidade teñen todos os postos cubertos para tres semanas. Os responsables do centro queren acadar o máximo número posible de colaboradores fixos para dispor dun persoal especializado, optimizar o tratamento e evitar stress ós paxaros póndoos en mans inexpertas.
No medio do temporal
Actualmente están no centro acollidas 360 aves de distintas especies: mascatos, corvos mariños, carolo, pardelas, araos, gaivotas de varios tipos, araos papagaios... Logo do alude dos primeiros días o fluxo foi diminuíndo ata que a marea negra alcanzou as Rías baixas e de novo subiu, manténdose bastante estable na actualidade. Aínda que hai baixas, polo de agora non se realizou unha estatística que permita saber cal é a porcentaxe de aves ingresadas no centro que sobreviven. Aínda que desde o centro declinan facer unha avaliación sobre como pode afectar a catástrofe do Prestige ás aves galegas, os últimos datos aportados pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Birdlife) sinalan que arredor de 25.000 exemplares se verán afectados nas nosas costas e na zona do cantábrico nos vindeiros meses. Ademais, e aínda que a cantidade de animais recollidos é inferior a outros casos de marea negra, esta organización considera que se pode dar por extinto o Arao Negro, que tiña na costa da morte as dúas únicas colonias existentes na Península. Queda aínda traballo para moito tempo, e para o Natal, e aínda despois, serán necesarias novas mans.