Xosé Zapata presentou no marco de Mundos Dixitais, o Festival XI Festival Internacional de Animación,Efectos Especiales, Videojuegos e Arquitectura Dixital, a vindeira produción de IB Cinema. Trátase de Linko, un filme que combina actores reais con fondos de síntese dixital 3D e animación CGI, que lle concede unha atmosfera de videoxogo realista. O filme conta a historia dunha familia integrada por un pai (Kurt) e fillo (Ícaro) que tenta sobrevivir nunha base científica ata que a súa tranquilidade se ve alterada pola aparición de Linko, un membro dunha banda de ladróns. Nesa mesma xornada, entregáronse os premios do festival de animación, como colofón a unha das citas máis destacadas do mundo da animación e novas tecnoloxías.
Xosé Zapata, Víctor Galdón e Carlos Pascual detallaron este sábado na Coruña o proceso de elaboración de Linko (chamado nas súas orixe Linko Killer Machine) e que se rodo una Cidade da Luz de Alicante e nos estudos de IB Cinema na Coruña, utilizando ciclorama continuo e un robot motion control para a cámara e o proceso de postproducción. Unha técnica que lle conferiu ao filme unha estética de videoxogo realista. O filme aínda non ten data de estrea.
Os premios
O palmarés da XI edición está encabezado por The chase do director Philippe Gamer , como premio a Mellor Traballo de Animación. O de mellor curta nacional foi para Fuga con Juan Antonio Espigares na dirección e Andale Films a cargo da producción. O Premio Especial de Jurado foi para De riz ou d´armenie dos directores Hélène Marchal, Samy Barras, Romain Blondelle e Céline Seille. A produción valenciá O vendedor de fume recibiu o premio especial do xurado.