A Federación de Gremios de Editores publicaba onte no seu web un resumo do Estudio de Comercio Interior do Libro en España 2011. Segundo estes datos, neste anos editáronse na nosa lingua 1.822 libros, un 10,2% menos que no ano anterior (2.028). O descenso é o maior en todas a linguas peninsulares, xa que unicamente o catalán diminúe un 6,7%, mentres o Euskera medra un 1,4% e o castelán un 3,5% en produción de tÃtulos. En total, a produción en galego supón o 2,2% dos tÃtulos editados no estado.
Fronte a esta diminución, o mesmo estudio sinala que a facturación das editoras sitas en Galicia medrou un 1% no mesmo perÃodo. A relativa estabilidade do sector galego neste ano contrasta co acusado descenso na facturación a nivel estatal, que baixou un 4,1%.