Desaparece o festival de danza Empape

O de novas músicas de Monforte falta tamén á súa cita este verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

A Coruña non verá este ano a quinta edición do festival de danza Empape. A cita, nada en 2008 e baseada nas coreografías na rúa, foi suprimida da programación de verán polo concello, segundo denunciou María Xosé Bravo, concelleira do BNG no consistorio. Canda a isto, desaparece tamén outra cita artística con tradición. O festival de Jazz Novas Músicas de Monforte non terá este ano actuacións, aínda que os seus organizadores sinalan que si se celebrará o oitavo seminario de música moderna e improvisación, entre o 22 e o 25 de agosto.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Jazz, BNG, A Coruña

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares