Logo dunha demorada xestación o texto final da Lei de Bibliotecas de Galicia saÃa publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado 27 de xuño. Foron anos de demoras para elaborar unha Lei que busca clarificar o panorama dos centros de lectura do paÃs e abordar a súa transición ao mundo dixital. Unha chea de novidades que queren mudar a faciana das nosas bibliotecas.
Coa Lei de Patrimonio aÃnda pendente de concretar, as regulacións lexislativas no campo dos arquivos e das bibliotecas preséntanse como os grandes logros do actual goberno da Xunta no campo da regulación legal da cultura. A Lei de Bibliotecas, unha aspiración de preto dunha década que foi sufrindo sucesivos atrasos é xa unha realidade e entra en vigor o vindeiro 17 de xullo. Segundo apunta Xoán Manuel Pérez Lijó, secretario da Asociación de Arquiveiros e Bibliotecarios (Anabad-Galicia), a actualización legal era necesaria e urxente, e simplifica os diferente decretos e regulamentos que, desde 1989 foran desenvolvendo a Lei orixinal. “A nova lei actualiza e simplifica a normativa previa existente”, sinala. Esta adaptación era necesaria xa que leis posteriores á de bibliotecas como a do Patrimonio cultural de Galicia ou a do Libro e a lectura condicionaban en gran medida a lei de bibliotecas”.
Bibliotecas multimedia e dixitais
O grande eixe do texto é precisamente a actualización da idea de biblioteca, cun especial interese por clarificar o xeito no que estes centros deben adaptarse á multiplicidade de soportes de produtos culturais, a dixitalización e mais o seu papel como espazos de acceso ás novas tecnoloxÃas da información. “a Lei de 1989 era avanzada no seu momento, pero non prevÃa as necesidades, hoxe imprescindibles, como a automatización plena, a dixitalización e a necesidade da conservación dos documentos electrónicos e o seu acceso público”. A este respecto, explica que “a lei evita falar de libros, para falar de documentos publicados ou creados para a súa difusión en calquera soporte e formato, coa finalidade de facilitarlle á cidadanÃa o acceso á cultura, á información, á investigación, á educación e ao lecer contidos neses documentos”, explica Pérez Lijó. De feito “apóstase polos servizos de acceso á información do documento fronte ao simple acceso ao documento”.
Biblioteca dixital e repositorio de patrimonio
AsÃ, destaca de xeito especial a creación da Biblioteca Dixital Galega no seo da Biblioteca de Galicia. Este centro fica agora oficialmente responsabilidade de actuar como referente na dixitalización do material cultural, levando un rexistro das obras dispoñibles en formato electrónico e elaborando as directrices para estes procesos en todo o paÃs. Do mesmo xeito será o encargado de xestionar a achega de fondos dixitais galegos a proxectos estatais e internacionais e facilitar o acceso aos mesmos. Canda a isto, e aÃnda que pendente de desenvolverse, a lei contempla o repetidamente reclamado desde diferentes sectores repositorio de patrimonio dixital galego. AÃnda sen definir, esta iniciativa deberá albergar a memoria da rede galega, páxinas e contidos desaparecidos, hemerotecas en liña e outros contidos que corren risco de desaparición.
A cabeza do sistema
Canda a isto, a Biblioteca do Gaiás asume de xeito oficial as funcións do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, que desaparece formalmente. AsÃ, este departamento faise cabeza de todo o sistema e bibliotecas e asume, tal e como se anunciara, a función de Depósito Legal, pola que custodiará exemplares das publicacións que se fagan no noso paÃs. Para alén da Biblioteca, establécese un órgano directivo dependente da ConsellarÃa que, ao ver de Pérez Lijó “ten claramente definidas as funcións”. Unha das dúbidas que fica aberto no novo texto legal é a situación do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, o novo órgano consultivo que substitúe o Consello de Bibliotecas. Fronte a anterior lei, que fixaba a súa composición, no actual texto queda pendente dun futuro regulamento a organización do mesmo, e únicamente fica establecido que se garantirá “a participación das administración competentes e das principais institucións relevantes dos Sistema Galego de Bibliotecas”, ademais de apuntar que o órgano respectará a paridade de xéneros. “Require un desenvolvemento normativo posterior pero deberÃa incluÃr todas as institucións con competencias na materia como a propia Xunta, as Deputacións e os Concellos”, lembra o secretario de ANABAD-Galicia.
Traballo en rede
Para alén da dirección, a Lei incide de xeito especial no colaboración entre centros e no traballo en rede. Para Pérez Lijó, o texto actual pode facilitar “un maior e mellor desenvolvemento da rede de bibliotecas públicas de Galicia”, xa que prevé cuestión como que as bibliotecas centrais (territoriais ou municipais) cubran servizos e aspectos materiais de centros de menor entidade na súa área de influencia. “Sinala a obriga das institucións públicas de desenvolver polÃticas de cooperación e colaboración entre elas”, lembra.
Gratuidade
Unha palabra que se repite en boa parte do texto é a de “gratuidade”. Nos últimos anos xerouse certa alarma social polo desenvolvemento a nivel europeo dun canon que as bibliotecas terán que pagar ás sociedades de xestión polo préstamos que fan de obras con dereitos de autor. A adaptarse a este panorama, pendente de se desenvolver a nivel estatal, a Lei incide, no apartado de dereitos e deberes dos usuarios, que os servizos básicos das bibliotecas galegas serán de balde, aÃnda que puntualiza que “sen prexuÃzo do establecido na lexislación vixente sobre propiedade intelectual”. Estes servizos básicos serán “como mÃnimo os de consulta, préstamo persoal e colectivo e acceso a internet”, asà como información bibliográfica, información á comunidade e formación dos usuarios. Nunha disposición adicional ao texto, establecese que “as persoas titulares destes establecementos remunerarán as autoras e os autores, polos préstamos que realicen das súas obras, nos termos previstos na normativa estatal básica”, de xeito que semella que será o sistema bibliotecario o que cargará coa hipotética taxa. Canda a isto, abre a posibilidade de sexa necesario pagar por determinados servizos “que teñan un custo singularizado” como son as fotocopias ou mesmo o préstamo interbibliotecario ou o acceso a bases de datos, que nalgúns casos xa teñen custo para os usuarios.
O mapa
Un dos puntos máis repetidos nos sucesivos anuncios de avances deste texto legal é o Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia. Segundo recolle o texto, o documento deberá facerse público nos seis meses a seguir da aprobación da Lei, e deberá renovarse cada catro anos. “Será unha chave fundamental de planificación dos servizos bibliotecarios e preténdese que sexa unha ferramenta libre, que permita detectar cambios significativos na sociedade e unha mellora continua do servizo. No novo texto, e á agarda do Mapa, establécese unha nova tipoloxÃa dos centros bibliotecarios do paÃs. “O futuro Mapa determinará a que tipo de bibliotecas se adscribirán cada un dos centros existentes e clarifica a caracterÃsticas das mesmas, asà como os criterios de normas e estándares que terán que cumprir”. En xeral os bibliotecarios, pendentes do desenvolvemento da Lei, “estamos de acordó co espÃrito de desenvolvemento das bibliotecas públicas que se recolle. Agardamos que continúen recollendo esta liña de mellora continua”.
LEI 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia..Coa Lei de Patrimonio aÃnda pendente de concretar, as regulacións lexislativas no campo dos arquivos e das bibliotecas preséntanse como os grandes logros do actual goberno da Xunta no campo da regulación legal da cultura. A Lei de Bibliotecas, unha aspiración de preto dunha década que foi sufrindo sucesivos atrasos é xa unha realidade e entra en vigor o vindeiro 17 de xullo. Segundo apunta Xoán Manuel Pérez Lijó, secretario da Asociación de Arquiveiros e Bibliotecarios (Anabad-Galicia), a actualización legal era necesaria e urxente, e simplifica os diferente decretos e regulamentos que, desde 1989 foran desenvolvendo a Lei orixinal. “A nova lei actualiza e simplifica a normativa previa existente”, sinala. Esta adaptación era necesaria xa que leis posteriores á de bibliotecas como a do Patrimonio cultural de Galicia ou a do Libro e a lectura condicionaban en gran medida a lei de bibliotecas”.