A caixa galega transfórmase en fundación baixo control de Facenda

Transformará a asemblea nun patronato de 12 membros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A proposta do Partido Popular para a Fundación das antigas caixas galegas pasa por reducir a Asemblea a un patronato de 12 membros, segundo avanzou hoxe El País. Este patronato constaría de catro representantes das entidades fundadoras da caixa de aforros, outros catro representantes do Parlamento e catro nomeados pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, entre os cales estará o Presidente do Patronato. A Xunta contempla dar entrada no patronato a persoas ou entidades que financien de xeito significativo á fundación. Os novos patronos da Fundación terá un cargo honorífico, sen retribucións especiais alén das dietar por desprazamento.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Partido Popular, El País, Xunta de Galicia