A coincidir cos 76 anos do plebiscito para o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo presentaba na tarde de onte o Ano Ben-Cho-Shey. Coa figura do galeguista Xosé Ramón e Fernández-Oxea (nome real de Ben-Cho-Shey) como eixe, a entidade provincial programará exposicións, publicacións, roteiros, conferencias e mesas redondas coas que quere facer un percorrido polo panorama cultural lucense ao longo da vida deste persoeiro.
Na inauguración puido verse unha proxección de fotografías do propio Ben-Cho-Shey, así como unha lectura dramatizada de textos do seu Diario de Lugo, que será editado pola Deputación.
Na inauguración puido verse unha proxección de fotografías do propio Ben-Cho-Shey, así como unha lectura dramatizada de textos do seu Diario de Lugo, que será editado pola Deputación.