Os fondos documentais de Silvio Santiago, escritor, galeguista e empresario nado en Vilardevós en 1904, serán dixitalizados da man do Consello da Cultura Galega. A entidade asina esta mañá un convenio polo que pasará a formato dixital un legado que comprende 3.500 imaxes e fotografías, máis de mil cartas e textos inéditos deste autor. A filla do escritor, Silvia Santiago, participa na sinatura canda a Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura e mais Afonso Vázquez Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia.