O LX Festival da Ópera da Coruña chega cun orzamento reducido

Celso Albelo e Irina Lungu coa Orquestra Sinfónica de Galicia abren o programa o 29 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Malia as reducións orzamentarias, o Festival da Ópera da Coruña chega este mes de agosto á súa LX edición. Unha actuación de Celso Albelo e Irina Lungu coa Orquestra Sinfónica de Galicia o vindeiro 29 de agosto abre un programa no que destacan nomes como o de Leo Nucci, que interpretará Nabucco de Verdi en versión concerto. Daniel Oren e Keri Lynn Wilson, Florenza Cedolins e Tito Beltrán son outros dos convidados. A mezzosoprano Elina Garanca participará o 5 de outubro na gala do sesenta aniversario do festival, canda a Sinfónica de Galicia.

La Opinión recolle hoxe declaracións de César Wonemburger, director artístico do evento, nas que denuncia que a achega estatal ao evento diminuíu un 55% nos últimos catro anos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Orquestra Sinfónica de Galicia, La Opinión

Claves

Entidades
Conceptos