Os escritores Isidro Novo e Antonio Reigosa presentaron onte a Escola de Narración oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Serán trece sesións de dúas horas semanais entre finais de setembro e decembro, no que os alumnos (a partir de 15 anos) aprenderán sobre a comunicación oral, a oralidade na cultura tradicional e as novas formas de comunicación oral, desde os repenteístas ata o rap. A actividade é gratuíta e está patrocinada polo concello de Lugo.