O poeta, crÃtico e filólogo lugués Arcadio López Casanova foi elixido o venres pasado como membro de honra polo Plenario da Real Academia Galega. Casanova, na actualidade profesor de FiloloxÃa Española na Universidade de Valencia, é autor dunha extensa obra poética e ten desenvolvido un importante labor de investigación e de difusión sobre a literatura galega. Canda a el, pasarán a participar na RAG, como membros correspondentes, Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia RodrÃguez González, Goretti SanmartÃn Rei e Xavier Vence Deza.