Unha achega á intensa vida de Vidal Bolaño

Biografía de Roberto Vidal Bolaño

Como un ciclo vital. A historia e a vida de Roberto Vidal Bolaño inicia e remata en Compostela (1950-2002) cidade á que o autor tiña un grande apego e onde desenvolveu boa parte da súa actividade como autor, director e actor teatral.

Vidal Bolaño era un talento creativo que demostraba en todas as frontes nas que se ocupaba desde que se iniciou no mundiño do teatro alá polo 1974 da man do grupo Antroido. Un grupo que viña a recoller algo así como os primeiros pasiños do autor (algún que outro espectáculo escolar, a colaboración co Equipo Luna do cine galego e co grupo de teatro Obradoiro) e que sentou os alicerces dunha nova forma de construír o teatro, de comprendelo e de interpretalo. Con este grupo creáronse 11 montaxes teatrais, case todas baixo o seu selo, coa súa forma de crear.

Entraríalle entón o espiral do teatro do que non se despegou e foi cabeza visible de numerosas formacións. Da man do denominado Grupo Abrente no que desde a década sos setenta se puxo a traballar para renovas tanto a escrita como a representación, daría lugar a numerosas formacións. Formou parte do denominado Grupo Abrente, un dos máximos revulsivos do teatro galego actual nacido ó abeiro do festival de teatro de Ribadavia, aínda que os seus últimos pasos estarían vencellados á Teatro do aquí, a súa actual compañía.

Roberto sabía traballar e sabía o que levaba entre mans, e iso amosouno que desde o mesmo día que se subiu a un escenario tanto como para interpretar como para dirixir. E isto vírono todos, e durante a década dos setente e dos oitenta foi recompilando gran cantidade de premios: Abrente (en 1976, con Laudamuco Señor de ningures e mención especial no 1978 con Memorias de mortos e de ausentes; en 1980 con Bailadela a morte ditosa); O Facho (mención honorífica con Xaxara, paniogas, tarelo, o rapaz e o cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón en 1977 e, tamén mención honorífica Ruada das papas e do unto en 1979) , Cidade de Valladolid (medalla de ouro por Percival, nunha adaptación teatral sobre textos de X.L. Méndez Ferrín en 1983-1984). Un camiño que foi abonando prantando pequenas sementes e que foi recollendo con grandes premios na década dos noventa. Foi nesta década cando recibiu os grandes premios institucionais tanto galegos como portugueses como españois. Fíxose co Rafael Dieste, co Álvaro Cunqueiro, co Xacobeo 92, co Eixo Atlántico, non fallou en ningunha edición dos María Casares, gañador dos premios Max de Teatro polo mellor texto de teatro en lingua galega no 2001. E entre premio e premio sempre andaba con traballo nas mans.

Comezou dirixindo no Centro Dramático Galego Agasallo de sombras (1984), Rosalía (2001), Mar Revolto (2001) e a morte chegoulle cando volvía a preparar da súa man unha obra na que ían recuperar Laudamuco, señor de ningures coa que se pretendía celebrar o 25 aniversario do teatro profesional galego.

Co seu pasamento recordarémolo como actor teatral no que destacou en traballos como en Bailadela da morte ditosa (que puxo en escena Teatro do Estaribel) ou en Caprice des Dieux (estreada por Antroido en 1985), pero deixounos como herdanza toda a súa escrita, todas as súas obras, destacan Rastros, Saxo Tenor e O día que os Chífanos deixaron de zoar. Unhas obras que, unido co seu propio carácter, coa súa impronta e coa súa forma de facer teatro, sentaron alicerces dentro da construcción dun teatro nacional galego que pasaba por una base de profesionalizar teatro.

Ademais da súa triple faceta de actor, director e autor teatral, Roberto Vidal Bolaño tamén aportou o seu gran de area no cine e na televisión nestes lindes tan pouco definidos entre a sétima arte e a dramaturxia. Foi actor e xefe de producción de catro das películas realizadas polo Equipo Lupa de cine amateur, co que se iniciaría no audiovisual. Seguindo este sendeiro aberto dirixiu a productora para televisión Olympus Comunicación a finais dos oitenta. Fixo guión dun programa concurso para a productora independente CTV, S.A. (vídeo), e nunha versión para unha serie de televisión do seu texto teatral Xubileu. Sen embargo, as súas interpretacións cinematográficas estiveron sempre en papeis secundarios, que precisaban do seu impoñente físico e a súa voz grave.

Roberto non chegou a ver a futura escola de Arte Dramática, un alicerce que sentaría as bases da profesionalización da práctica teatral pola que sempre loitou, pero abofé que o seu nome, a súa figura e a súa obra ocupará un lugar destacado nela.